Desde Emprego Galicia estamos sempre a buscar empresas nas que as persoas demandantes que participan na formación para o emprego poidan realizar prácticas profesionais non laborais que lles axuden a asentar os novos coñecementos e as competencias adquiridas, de forma que se potencie a utilidade das accións realizadas e se mellore a súa empregabilidade cara a busca dun emprego de calidade.

Este programa está regulado no Real Decreto 1543/2011, do 31 de outubro, polo que se regulan as prácticas non laborais en empresas (BOE nº 278 do 18 de novembro).

RD 1543/2011 consolidado

Se a túa empresa quere acoller algunhas destas persoas, tan só é preciso seguir os seguintes pasos:

1. Realizar a solicitude de xeito telemático a través da sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento PR004A. No formulario de solicitude deberás:

a. Especificar un medio de notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia - Notifica.gal.

b. No campo "Destinatario" elixir: Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego.

2. Achegar cubertos, xunto a dita solicitude, os seguintes modelos de convenio e do programa de prácticas non laborais.

Modelo convenio prácticas non laboraisModelo programa prácticas non laborais

Unha vez recibida  a solicitude, o Servizo de Intermediación Laboral iniciará a tramitación do convenio de colaboración e, cando este estea asinado, a túa empresa poderá xa realizar a solicitude de persoas candidatas nunha oficina de emprego de Emprego Galicia, segundo o seguinte modelo.

Modelo solicitude persoas candidatas  

Podes consultar no seguinte enlace a relación de empresas que teñen subscrito o convenio de prácticas non laborais:

Relación de empresas con convenio de prácticas non laborais 

Se queres aclarar calquera dúbida ou saber máis sobre as prácticas non laborais, non dubides en poñerte en contacto con nós a través do noso de correo electrónico emprego@xunta.gal ou acudindo ao centro ou oficina de emprego máis próximo:

Buscador de centros e oficinas