O Programa Bono Talento Empresa é unha nova liña de axudas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en liña coas “microcredenciais” da Axenda de Capacidades Europeas, polo que está cofinanciada nun 60% polo FSE+.

Financia proxectos de formación non formal mediante a realización de hasta 3 cursos ou accións formativas de curta duración (entre 16 e 100 horas) que teñan como obxectivo mellorar as capacidades das empresas e contribuír ao desenvolvemento profesional das persoas traballadoras dos centros de traballo en Galicia, onde se deberán desenvolver as actividades formativas subvencionadas.

Nas dúas convocatorias anteriores destas axudas (2023-2024 e 2024-2025) un total de 145 empresas puideron beneficiarse destas axudas, ás que se lle concederon un total de 276 cursos, para un total de 1.602 persoas traballadoras en activo desas empresas..

Nova convocatoria Bonos Talento 2025-2026

  • Publicada no Diario Oficial de Galicia o 11 de xullo de 2025.
  • Prazo de presentación de solicitudes: do 18 de xullo ao 15 de setembro.
  • Prazos de realización das accións formativa se xustificación das accións formativas:

 

Acción formativa Prazo realización Prazo xustificación

 Anualidade 2025

Do 12 de xullo de 2025

Ao 31 de outubro de 2025

 Ata o 15 de novembro de 2025

Anualidade 2026

Do 1 de novembro de 2025

Ao 30 de setembro de 2026

Ata o 15 de outubro de 2026

 

Estas axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito: 2.000.000 €.

Para máis información sobre esta liña de subvencións:

Páxina web Bonos Talento Empresa

Por último, para completar a información anterior, acompáñase unha infografía resumo para facilitar a súa comprensión.

Infografía Bono Talento