Img logotipos formación

 

Plan anual 2023 para o persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia forma parte do proxecto “Plan de Formación Permanente para o persoal do SNE (2021- 2023)", financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

O citado proxecto enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España, e está incluído na Política Panca VIII. “Nova economía dos cuidados e políticas de emprego”, Componñnte 23. “Novas políticas públicas para un mercado de traballo dinámico, resiliente e inclusivo”, Investimento 5. “Gobernanza e impulso ás políticas de apoio á activación para o emprego”.

Este Plan anual contribúe ao cumprimento do obxectivo nº 348 incluído na "Proposta de DECISIÓN DE EXECUCIÓN DO CONSELLO relativa á aprobación da evaluación do plan de recuperación e resiliencia de España”, de 16 de xuño de 2021, aprobada definitivamente polo Consello da Unión Europea o 13 de xullo de 2021. Ademais, este Plan ten en conta todos os requirimentos establecidos nas Disposicións Operativas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para o citado obxectivo.

As accións formativas que se ofertan para as personas empregadas públicas teñen por obxecto mellorar as súas competencias e prestar un apoio máis eficaz aos solicitantes de emprego. As características da formación se recollen nos correspondentes programas formativos (Ficha), nos que se inclúe, entre outros aspectos, a denominación da acción formativa, así como os seus obxectivos, contido e duración.

Convocatoria de cursos 2023

AC03P050 Iniciación ao uso do coaching no Servizo Público de Emprego   Ver programa
AC03P051 Redes sociais como instrumento na busca de emprego   Ver programa
AC04P020 Contrato de traballo e emprego   Ver programa
AC04P021 Políticas activas de emprego   Ver programa
AC05P029 Xestión da formación profesional para o emprego   Ver programa
AC12P019 Titorización de vítimas de violencia de xénero   Ver programa
AC14P048 Liderado, xestión de equipos e resolución de conflitos no Servizo Público de Emprego   Ver programa
AC04P002 Iniciación á intermediación laboral   Ver programa
AC04P003 Avanzado en intermediación laboral   Ver programa
AC01P011 Introdución ás prestacións por desemprego   Ver programa
AC04P004 Inscrición das persoas estranxeiras no servizo público de emprego   Ver programa
AC03P007 Fundamentos da orientación laboral aberta   Ver programa
AC03P006 Claves da prospección de emprego   Ver programa

 

As persoas inscritas que completen a acción formativa obterán o certificado oficial correspondente