Demandantes

SESIÓN GRUPAL: O TEU FUTURO PROFESIONAL CON MGS SEGUROS (LUGO E PONTEVEDRA)

O vindeiro xoves 12 de novembro ás 12:00 h, descubre co equipo de MGS Seguros unha oportunidade para impulsar o teu proxecto profesional, cun plan de carreira de 4 anos, e acompañamento personalizado.

Consulta os requirimentos e reserva a túa praza!

Máis información
SESIÓN GRUPAL: EMPRÉGATE CON GADIS

O 6 de novembro ás 12:00 horas celebraremos unha sesión grupal para coñecer as oportunidades de emprego que GADIS ofrece en diferentes localidades de Galicia. 

Consulta os perfís demandados e reserva a túa praza.

Máis información
XUNTA CONECTA: EULEN - FERROL

Novo encontro coa empresa Eulen o 28 de outubro, na Oficina de Emprego de Ferrol Centro, onde poderás coñecer o equipo de selección e participar nunha entrevista de traballo.

Consulta os perfís demandados e reserva a túa praza!

Máis información
DESCUBRE EMI. A NOVA APP DE EMPREGO GALICIA PARA DISPOSITIVOS MÓBILES

Presentámosche EMi, a nova aplicación con intelixencia artificial de Emprego Galicia para dispositivos móbiles.

Consulta todas as súas funcionalidades e leva contigo todos os servizos que che achega na túa busca activa de emprego!

Máis información
XUNTA CONECTA: EL CORTE INGLÉS

Este outono chegan catro encontros de Xunta Conecta coa empresa El Corte Inglés para preparar a campaña de Nadal na Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Poderás coñecer ao equipo de selección e participar nunha entrevista de traballo.

Consulta os detalles e reserva a túa praza!

Máis información
SESIÓN GRUPAL: PREPÁRATE: OPTIMIZA O TEU CURRÍCULUM E DESTACA NOS PROCESOS DE SELECCIÓN

Queres mellorar o teu currículo e aumentar as túas posibilidades de éxito nos procesos de selección?

Achégate o 29 de outubro ás 12 horas ás Oficinas de Emprego de Redondela, Cambados, Coruña - Monelos, Pontevedra - Concello, Pontevedra - Bisbarra ou a Aula CEMIT da Caniza e descubrirás como facelo máis atractivo, adaptalo ás ofertas de emprego e destacar ante as empresas.

Reserva a túa praza.

Máis información
PROGRAMAS DE FORMACIÓN - EMPREGO TALENTO MOZO PARA PERSOAS MOZAS 2026

Consulta toda a información sobre os programas de formación - emprego Talento Mozo para persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que se van desenvolver neste 2026.

Mellora a túa ocupabilidade e procura unha cualificación profesional para a túa inserción laboral!

Máis información
PROGRAMA RURAL ACTIVO 2026

Consulta a relación de postos de traballo promovidos polos concellos no ámbito deste Programa de fomento de emprego no medio rural para a prevención e defensa contra os incendios forestais.

Máis información
PREPÁRATE PARA OBTER AS COMPETENCIAS CLAVE A TRAVÉS DO CAMPUS VIRTUAL DE EMPREGO

Tes a túa disposición 8 cursos en liña en modo autoformación para preparar as probas libres de competencias clave convocadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Aproveita a oportunidade!

Máis información