O mercado de traballo está en permanente e constante transformación, polo que esperar pasivamente un posto de traballo non é a fórmula máis axeitada, sendo impensable hoxe en día.
Para lograr un traballo é necesario ter unha actitude constante e insistente, considerando que o factor tempo é indispensable na fórmula de buscar un emprego.
Antes de comezar a procura debes reflexionar sobre a túa propia persoa, porque ao longo deste proceso pediranche información relacionada con las siguientes catro preguntas:
-
Quen son?
-
Que quero facer?
-
Que podo facer?
-
Onde podo traballar?
A contestación a estas preguntas indicarache o camiño a seguir para conseguir emprego.
Na túa mochila, na que levas todas as túas ferramentas para atopar un emprego, debes meter tamén a túa valoración do teu propio itinerario persoal de emprego. Tes claras as actitudes, habilidades ou coñecementos que tes? En definitiva, coñeces as túas competencias?
-
Reflexiona sobre o importante.
-
Fórmate.
-
Coñécete a ti mesmo/a.
-
Pensa detidamente.
-
Mantén unha actitude positiva. Non te desanimes.
-
Valora as túas posibilidades.
-
Aproveita as oportunidades.
-
Sé firme, perseverante e tenaz.
-
Proponte proxectos e finalízaos.
-
Actúa activamente.
-
Presta atención ao que ocorre ao teu arredor.
-
Mide os teus límites.