O TEU CV. Principais aspectos
A finalidade do CV non é outra que presentar o teu perfil profesional e espertar na empresa o desexo de coñecerte mellor. Polo tanto, non sirve un só currículo para todas as ofertas ou empresas.
En cada unha se poden valorar aspectos diferentes (experiencia, formación, características persoais,...), polo que deberás personalizalo para que se adapte a uns ou a outros requisitos, sendo entón necesario que manteñas un control sobre os distintos modelos de CV que utilices e saber a quen llos envías.
Ademais, lembra que a persoa que o vaia ler buscará claridade, que a información que contén estea ben organizada e estruturada, de forma que lle resulte sinxelo encontrar aquilo que busca, xa que é moi posible que teña que analizar moitos outros.
Por estes motivos, salvo que busques traballo en ocupacións relacionadas coa creatividade (publicidade, deseño gráfico...), o mellor é facer un currículo visualmente limpo e cunha estrutura clásica. E isto podes logralo:
-
Empregando un papel (ou un fondo, se o fas en soporte informático) branco ou moi claro coa letra negra ou nunha cor escura con contraste, sen debuxos, filigranas ou imaxes de fondo.
-
Utilizando un tipo de letra fácil de ler, cun tamaño suficiente (nin demasiado pequena que dificulte a lectura, nin demasiado grande que aumente a extensión do CV innecesariamente).
-
Incluíndo unha fotografía túa que sexa unha de calidade, actual, sen efectos ou montaxes e coidada (non é obrigatorio pero, se a inclúes, atende a este consejo). Aínda que no é imprescindible, salvo que se pida expresamente, sempre é interesante para que se asocie a información do teu currículo coa túa imaxe.
-
Agrupando a información por ámbitos (un apartado de "datos de contacto", outro de "formación", de "experiencia profesional"…) e, mostra primeiro os datos máis recentes e relevantes para o posto ao que optas, porque serán os que máis interesen á persoa que o analice.
-
É recomendable orientando o teu CV ás túas competencias, resaltando o que podes facer e o que podes achegar á empresa.
-
Salvo que se pida expresamente, non enviando currículos manuscritos porque dificultan a súa lectura e comprensión.
-
Empregando frases curtas con mensaxes claras, sen grandes redaccións nin recursos literarios (salvo que sexa esixencia do posto!).
-
Non incluíndo TODA a información da que dispós, senón a que sexa relevante para o posto.
-
E en canto ás túas afeccións, intereses ou experiencias non laborais, non incluíndoas salvo que complementen a información de interese para o posto.
-
É moi importante que aparezan os teus datos de contacto, ofrecendo alternativas para que poidan escoller como contactar contigo por diferentes vías.
-
Empregando unha conta de correo electrónico diferente para uso profesional da que tes para uso persoal, xa que así podes ter unha "identidade dixital" profesional diferente e separada da persoal na Internet.
-
Asegurándote sempre, antes de enviar un novo CV, de que a información que contén está actualizada e que non te falta por incluír ningún contido relevante.
Neste documento presentámosche algúns consellos básicos a ter en conta para preparar o teu mellor currículo e a túa carta de presentación: