E por último, evita entre outros os seguintes erros

 

  • As faltas de ortografía, borranchos ou emendas.

  • Escribir o CV á man, salvo que o indique expresamente a convocatoria.

  • Referencias íntimas e problemática persoal.

  • Que se produzan baleiros no teu CV; se é así, non poñas datas ou argumenta porque foi así.

  • Os "etc." e outras vaguidades.

  • Non incluír no CV nada que che poida prexudicar, por exemplo as notas.

  • Nunca mencionar militancia política, sindical ou relixiosa.

  • Non falar do salario que se desexa percibir.

  • Hai que resaltar os aspectos positivos que teñas, pero nunca outorgar méritos falsos.

  • Utilizar frases en primeira persoa.

  • Acompañalo de títulos, certificados, diplomas, etc. Levaralos á entrevista para que, se cho piden, poidas acreditar a información.

  • Non mintas nin falsees os datos, o que non quere dicir que teñas que dicir toda a verdade.

  • Intenta non inflar o CV con datos irrelevantes.

  • Non o asines.