E, por último, che detallamos algúns dos principais aspectos a ter en conta en relación coa linguaxe non verbal que tes que ter en conta no momento da entrevista, porque a comunicación ou linguaxe non verbal (xestos, posturas, linguaxe corporal) é tan importante como a linguaxe verbal. 

  • Mira á outra persoa a maior parte do tempo que dure a entrevista.

  • A expresión facial debe concordar coa mensaxe. Se por exemplo, estás comentando que es unha persoa moi dinámica, non o digas cunha actitude pasiva.

  • A postura corporal debe estar relaxada, pero non de abatemento (non tes que tirarte na cadeira). A cabeza debe estar alta, as costas rectas, os brazos apoiados na cadeira ou no colo e as pernas cruzadas.

  • Evita movementos excesivos coas mans.

  • Evita no posible os tics como morder as uñas ou tocar o pelo continuamente.

  • Intenta manter unha postura próxima, pero sen invadir o espazo da outra persoa.

 

E unha vez rematada a entrevista reflexiona sobre esta. Trata de facer balance para determinar en que aspectos mostraches máis inseguridade, como respondiches a algunhas preguntas... Intenta facer estas reflexións inmediatamente, logo da entrevista. Así lembrarás mellor os detalles e, cando teñas outra entrevista, poderás aproveitar e ter en conta tanto os erros como os acertos.