Para acceder de forma presencial aos servizos de Emprego Galicia debes acudir a unha oficina de emprego e ter a túa demanda en situación de alta.

Para realizar a inscrición como demandante de emprego ou doutros servizos en Emprego Galicia requires a seguinte documentación, en función das diferentes características persoais:

 

  • Se es unha persoa española e maior de idade: Precisas o teu DNI ou pasaporte aos efectos de identificación.

  • Se es unha persoa española e entre 16 e 18 anos, e non estás emancipada: Necesitas o teu DNI ou pasaporte aos efectos de identificación. Requírese ademais unha autorización asinada polo pai, a nai ou a persoa titora legal

    Se é o teu caso, podes obter o modelo de autorización pulsando no seguinte enlace xunto coa fotocopia do teu DNI:

    Modelo de autorización para a inscrición de menores de idade

     

  • Se es unha persoa española de entre 16 e 18 anos, emancipada: Necesitas o teu DNI ou pasaporte. Requírese ademais unha copia da documentación acreditativa da emancipación.

  • Se es unha persoa estranxeira dun país da Unión Europea: Precisas o teu pasaporte ou documento nacional de identidade do teu país de orixe.

  • Se es unha persoa estranxeira dun país non comunitario: Terás que presentar o NIE, pasaporte ou documento nacional de identidade do teu país de orixe, xunto coa restante documentación que resulte esixible en función de diferentes casuísticas, tales como permiso de residencia e/ou de traballo. Para máis información, mellor contacta coa Subdelegación do Goberno da túa provincia.

  • Se es unha persoa incapacitada ou discapacitada: Ademais dos requirimentos específicos en función do perfil persoal concreto, as persoas con minusvalías e as incapacitadas xudicialmente deberán acreditar validamente a súa situación de minusvalía ou de limitación da capacidade de obrar. Neste último caso, deberá acompañarse autorización da persoa que ostente a responsabilidade da súa titoración tal e como se indicaba no modelo anterior.