Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet emprego.xunta.gal (en diante, o “Portal') que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia pon a disposición das persoas usuarias da Internet.

A Xunta de Galicia é a titular do dominio de segundo nivel “xunta.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

Este sitio web contén a edición electrónica do Diario Oficial de Galicia, que desde o 2 de maio do 2011 ten carácter oficial e auténtico, segundo o indicado no artigo 12 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Con anterioridade a esta data, só ten a consideración de oficial e auténtica a edición impresa do Diario Oficial de Galicia.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo a persoa usuaria deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

- Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.

- A persoa usuaria queda obrigada a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos da persoa titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Política de cookies

Este Portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros. Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo para almacenalo no seu navegador e, desta forma, obter e recuperar información sobre os hábitos de navegación da persoa usuaria ou do equipo en cuestión. Existen 2 tipos de cookies:

  • De sesión: créanse de forma temporal e, unha vez que se abandona o sitio web son eliminadas.
  • Permanentes: permanecen no navegador (durante o tempo que se establecese como período de duración do arquivo) e actívanse de novo cando se visita o sitio web que creou esa cookie.

A finalidade do uso das cookies que emprega este Portal é a de mellorar os servizos que ofrece mediante a análise dos hábitos de navegación de forma anonimizada. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais.

Coa súa navegación vostede fai uso das cookies que utiliza este Portal, que son de dous tipos:

  • Propias: que son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte das persoas usuarias.
  • Analíticas de terceiros: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google. Este portal realiza ese envío de forma anonimizada, isto é, que para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics. Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema neste enlace ao complemento de inhabilitación para navegadores de Google Analytics. Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

Se o desexa, pode atopar máis información sobre os distintos tipos de cookies que emprega Google Analytics neste enlace ao uso das cookies de Google Analytics en sitios web.

Protección de datos

Desde a Xunta de Galicia – Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, desexamos informarche aos efectos do previsto no Regulamento xeral de protección de datos persoais, que desde esta entidade e en base ao cumprimento dunha misión de interese público establecida polo Real Decreto Lexislativo 3/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Emprego, estamos a tratar os teus datos coa finalidade de remitirte información e comunicacións relativa ás nosas actividades de xestión de políticas activas de emprego e intermediación laboral.

Podes solicitar o acceso, rectificación e supresión dos teus datos ou comunicar a oposición ao seu tratamento, así como exercitar outros dereitos e obter información adicional na seguinte ligazón: información sobre protección de datos personais.

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdicción

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal emprego.xunta.gal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.