O concepto Busca Activa de Emprego ou BAE fai referencia ao conxunto de accións realizadas tanto para atopar emprego como para mellorar a empregabilidade, co obxectivo de que a persoa demandante de emprego aumente as súas posibilidades de inserción e/ou mellorar a súa situación no mercado de traballo (segundo se recolle no artigo 3.h, da Lei 3/2023, de Emprego).

Lei de Emprego

Nalgunhas ocasións requírese acreditar a BAE ante o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) para o cobro de determinadas prestacións económicas, sendo necesario neste caso, que a BAE se realice dentro dos prazos establecidos nas normas reguladoras das devanditas prestacións.

COMO PODO ACREDITAR A BAE?

Ten presente que en Galicia é o Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) o encargado de acreditar a BAE a petición da persoa usuaria, sempre que poida demostrar que está a buscar activamente emprego. Para iso debe cumprir cos requisitos que se detallan no seguinte apartado.

A solicitude da acreditación pode realizarse a través de:

  • Sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento xenérico PR004A achegando a solicitude de Acreditación BAE e a documentación acreditativa das accións realizadas.

Procedemento xenérico PR004A

Modelo solicitude RAI Modelo solicitude SED

  • Solicitando cita na túa Oficina de Emprego.

Solicita cita na túa oficina de emprego

E se non cumpres cos requisitos ou tes dúbidas sobre como realizar as distintas accións, ponte en contacto coa túa Oficina de Emprego.

Busca a túa oficina de emprego

REQUISITOS PARA ACREDITAR A BAE

Para poder acreditar a BAE deberás cumprir algún dos seguintes requisitos:

1. Traballar por conta propia ou allea

Calquera traballo, por conta propia ou allea, sexa cal for a súa duración é suficiente para acreditar a BAE.

Deberás presentar un informe de Vida Laboral (isto non será necesario se nos autorizas, marcando a opción correspondente, a consultar os seus datos).

Nota: a colocación débese dar nos 30 días naturais anteriores se a prestación solicitada é o Subsidio Extraordinario por Desemprego (SED), ou no ano anterior se a prestación solicitada é a Renda Activa de Inserción (RAI).

2. Participar nun Itinerario Personalizado de Inserción (IPI)

Non necesitas achegar documentación, a oficina de emprego verificará que o IPI está vixente no momento da túa solicitude.

Se non te atopas en ningunha das situacións anteriores, poderás acreditar a BAE realizando polo menos tres das accións que che indicamos a continuación. Só dúas poderán ser iguais.

Envío ou presentación do teu currículo en tres empresas distintas

Deberás presentar xustificantes da acción (por exemplo, o selo da empresa, a impresión de correos electrónicos enviados, a impresión de pantalla coa confirmación do currículo enviado pola Internet ou a impresión do correo electrónico ou copia de pantalla de confirmación da empresa de que recibiu o currículo). En todos os casos deberá de constar a data.

Nota: A acción deberá realizarse nos 30 días naturais anteriores se a prestación solicitada é o Subsidio Extraordinario por Desemprego (SED), ou no ano anterior se a prestación solicitada é a Renda Activa de Inserción (RAI).

Realización dunha entrevista de traballo

Será válido calquera documento que demostre que realizaches a entrevista no que se inclúa, como mínimo:

  • Os teus datos persoais completos.
  • O posto para o que realizaches a entrevista.
  • A identificación (nome ou cargo) da persoa que a realizou.
  • A data.

Ademais debe incluír o selo da empresa.

Nota: A acción deberá realizarse nos 30 días naturais anteriores se a prestación solicitada é o Subsidio Extraordinario por Desemprego (SED), ou no ano anterior se a prestación solicitada é a Renda Activa de Inserción (RAI).

Inscrición e/ou actualización de datos existentes correspondentes á busca de emprego nunha axencia de colocación

Acreditarase co documento emitido pola citada axencia no que conste a inscrición ou a actualización dos teus datos. No xustificante deberá constar a data.

Nota: A acción deberá realizarse nos 30 días naturais anteriores se a prestación solicitada é o Subsidio Extraordinario por Desemprego (SED), ou no ano anterior se a prestación solicitada é a Renda Activa de Inserción (RAI).

Presentación da túa candidatura nunha empresa de traballo temporal autorizada

Deberás presentar xustificante expedido pola ETT que acredite a túa candidatura nalgunha das ofertas xestionadas por esta. Tamén será válido a impresión de correos electrónicos, a impresión de pantallas coa información das ofertas solicitadas sempre que quede acreditada a túa identidade. En ambos os casos deberá constar a data.

Nota: A acción deberá realizarse nos 30 días naturais anteriores se a prestación solicitada é o Subsidio Extraordinario por Desemprego (SED), ou no ano anterior se a prestación solicitada é a Renda Activa de Inserción (RAI).

Inscrición e/ou actualización de datos existentes como solicitante de emprego en dous portais de emprego dos servizos públicos de emprego ou privados

Deberás achegar xustificante da inscrición ou actualización dos teus datos correspondentes á procura de emprego ou a presentación de copia de pantalla que indique a inscrición ou contestación dos portais, indicando que se realizou a inscrición ou actualización dos teus datos. En ámbolos dous casos deberá constar a data.

Nota: A acción deberá realizarse nos 30 días naturais anteriores se a prestación solicitada é o Subsidio Extraordinario por Desemprego (SED), ou no ano anterior se a prestación solicitada é a Renda Activa de Inserción (RAI).

Presentación a unha oferta de emprego xestionada polos servizos públicos de emprego ou polas axencias de colocación

  • No caso de ofertas de emprego do servizo público de emprego non é necesario achegar ningunha documentación.
  • No caso de ofertas de emprego de axencias de colocación deberás achegar un xustificante expedido pola axencia no que consten os teus datos persoais e a data na que realizaches esta acción.

Nota: A acción deberá realizarse nos 30 días naturais anteriores se a prestación solicitada é o Subsidio Extraordinario por Desemprego (SED), ou no ano anterior se a prestación solicitada é a Renda Activa de Inserción (RAI).

Participar en accións formativas xestionadas e/ou financiadas por entidades do Sistema Público de Emprego

Estas inclúen:

  • Certificado de profesionalidade (AFD).
  • Escola Obradoiro, Obradoiro de emprego, etc...
  • Programa de prácticas non laborais xestionado ou financiado polos servizos públicos de emprego.
  • Calquera outra acción formativa do Servizo Público de Emprego.

Non necesitarás achegar xustificante se a acción realízase dentro do SPEG. Noutro caso, deberás presentar certificado emitido polo servizo público de emprego, administración ou entidade que imparta a acción formativa.

Participar en accións formativas dependentes doutro organismo

Se estás a cursar estudos oficiais de:

  • Formación Profesional básica, grao medio ou superior
  • Escola de adultos
  • Escola oficial de idiomas
  • , …

Ou participando en:

  • Probas de acceso a maiores de 25 anos a estudos universitarios
  • Probas de Competencias Crave
  • Cursos de castelán para estranxeiros
  • , …

Deberás presentar xustificante das accións realizadas.

A participación nun curso de formación acreditarase coa presentación da matrícula ou un certificado de asistencia emitido polo centro.

Participación en procesos ou probas conducentes á obtención de carnés ou certificacións profesionais

Será válido o certificado profesional ou carné obtido habilitante para o exercicio dunha profesión nos que conste a data de obtención, así como o xustificante expedido pola entidade que acredite a presentación ás probas para a obtención dos certificados no período de realización da BAE.

Nota: A acción deberá realizarse nos 30 días naturais anteriores se a prestación solicitada é o Subsidio Extraordinario por Desemprego (SED), ou no ano anterior se a prestación solicitada é a Renda Activa de Inserción (RAI).

Participación en accións de fomento do emprendemento xestionadas polos servizos públicos de emprego e outras entidades e organismos públicos

Será válido o documento que acredite a túa participación en sesións e talleres informativos sobre xestión empresarial e información sobre autoemprego dirixidas a persoas emprendedoras.

Nota: A acción deberá realizarse nos 30 días naturais anteriores se a prestación solicitada é o Subsidio Extraordinario por Desemprego (SED), ou no ano anterior se a prestación solicitada é a Renda Activa de Inserción (RAI).

Participación nunha acción específica de orientación, así como nunha sesión ou taller informativo xestionado polos servizos públicos de emprego e outras entidades e organismos públicos

  • No caso de accións realizadas polo SPEG non será necesario achegar documentación.
  • No caso de accións realizadas por outros servizos públicos de emprego será necesario o informe do servizo público de emprego competente.

Nota: A acción deberá realizarse nos 30 días naturais anteriores se a prestación solicitada é o Subsidio Extraordinario por Desemprego (SED), ou no ano anterior se a prestación solicitada é a Renda Activa de Inserción (RAI).

Participación en calquera das accións ofertadas polos servizos públicos de emprego no marco da Carteira Común de Servizos do Sistema Nacional de Emprego

Carteira común de servizos Sistema Nacional de Emprego

Ao ser accións realizadas dentro dos servizos públicos de emprego, non necesitarás presentar ningún xustificante. Só indicarnos o tipo de acción, a data de inicio ou fin.