Os programas integrados de emprego (PIE) son instrumentos dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral, durante un período de 12 meses, de 100 persoas demandantes en situación de desemprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Logotipo Programas integrados

Para iso, Emprego Galicia concede, cada ano, subvencións destinadas a financiar o desenvolvemento destes programas en colaboración coas entidades locais galegas e con entidades sen ánimo de lucro.

Os Programas Integrados de Emprego ou PIE levan aparellado o compromiso de inserir laboralmente a un mínimo do 35% das persoas demandantes de emprego atendidas durante o desenvolvemento do Programa. A inserción media acadada polos Programas Integrados de Emprego nos últimos anos é dun 46%.

Se tes interese por ver como participar nun Programa Integrado de Emprego ou PIE, achégate á túa oficina de emprego ou ben ponte en contacto cos teléfonos do Servizo de Promoción de Competencias para o Emprego da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración: 881 999 62, 981 545 945, 981 545 765 e 981 545 872.

Tes máis información na páxina web da Consellería neste enlace:

Programas integrados de Emprego

No seguinte enlace, tes o acceso á publicación no Diario Oficial de Galicia da Orde que regula estes programas:

Publicación da Orde do 11 de xuño de 2024

Accións que se desenvolven nos programas integrados de emprego

Nos programas integrados de emprego, cuxo obxectivo fundamental é acadar a inserción laboral das persoas participantes neles, desenvolveranse de xeito obrigatorio, as seguintes accións:

  1. Información, orientación e asesoramento.

  2. Formación (mínimo 200 horas de especialidades formativas do Catálogo de especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal).

  3. Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.

  4. Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.

  5. Fomento da capacidade emprendedora.

  6. Prospección empresarial.

  7. Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

  8. Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas.

  9. Obradoiros sobre mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (rede Eures), así como outros que informen as persoas usuarias das posibilidades de inserción laboral ao ampliar o ámbito xeográfico de busca de emprego fóra do concello de residencia.

Requisitos a cumprir polas persoas demandantes

A Orde de convocatoria recolle no seu artigo 3.1 que deberán ser persoas en situación de desemprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Forma de selección

As entidades beneficiarias que participan nos programas integrados deben realizar a selección das persoas demandantes a través da oficina de emprego que lle corresponda segundo a súa localización, tendo preferencia para participar as persoas demandantes que manifesten a súa vontade de recibir estes servizos.

Por iso, se tes interese en participar nalgún dos programas integrados de emprego concedidos, podes acudir á túa oficina de emprego ou contactar directamente coa entidade beneficiaria.

E se tes algunha dúbida podes ampliar información no Servizo de Promoción de Competencias para o Emprego da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración chamando aos seguintes números de teléfono: 881 999 629 e 981 545 945.

Os programas integrados de emprego levan aparellado o compromiso de inserir laboralmente a un mínimo do 35% das persoas atendidas durante o desenvolvemento do Programa.

A inserción media acadada polos programas integrados de emprego nos últimos anos é dun 46%.

 

LISTAXE DE PROGRAMAS INTEGRADOS DE EMPREGO - CONVOCATORIA 2024

Para a túa información adicional, aquí tes a relación dos programas integrados de emprego postos en marcha para os anos 2024-2025 ordeados por entidade.

Para facilitar a busca dos datos do teu interese, utiliza a caixa de busca (que busca en todas as columnas o texto que introduzas). Tamén podes ordear as columnas por orde alfabético (da A á Z, pulsando unha vez no título da columna que desexes ordear, ou da Z á A, se pulsas dúas veces no título da columna que desexes ordear).

Programas integrados de emprego de entidades locais

ENTIDADE ÁMBITO TERRITORIAL TIPO DE PROGRAMA TELÉFONO DE CONTACTO CORREO ELECTRÓNICO
MANCOMUNIDADE CONCELLOS COMARCA FERROL CONCELLOS DE ARES, CABANAS, CEDEIRA, FENE, MUGARDOS, NARÓN, NEDA E VALDOVIÑO EXCLUSIVO MULLERES 981 944 000 mancomunidade@ferrol.es
CONCELLO DE SANTIAGO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA EXCLUSIVO MULLERES 981 543 060 jferreiroc@santiagodecompostela.gal
CONCELLO DE MARÍN CONCELLO DE MARÍN EXCLUSIVO MULLERES 986 880 300 aedlmarin@concellodemarin.es
MANCOMUNIDADE DO SALNÉS CONCELLOS DOO GROVE, SANXENXO , MEAÑO, MEIS, RIBADUMIA, CAMBADOS, VILANOVA, VILAGARCIA E ILLA DE AROUSA XERAL 986 521 115 info@osalnes.com
CONCELLO DE SAN AMARO CONCELLOS DE CARBALLIÑO, PUNXÍN, SAN AMARO, LEIRO, AVIÓN, MASIDE, BOBORÁS, BEARIZ, SAN CRISTOVO DE CEA, PIÑOR E O IRIXO XERAL 988 288 050 concello.de.sanamaro@eidolocal.es
CONCELLO DE AMES CONCELLOS DE AMES E BRIÓN XERAL 608 459 678 maria.lloves@concellodeames.gal
CONCELLO DE BOIRO COMARCA DO BARBANZA XERAL 981 844 800 persoal@boiro.org
CONCELLO DE CUNTIS CONCELLOS DE CUNTIS, CALDAS DE REIS, PORTAS, BARRO, MORAÑA E A ESTRADA XERAL 986 548 708 cfoaran@concellodecuntis.es
CONCELLO DE REDONDELA CONCELLO DE REDONDELA XERAL 986 402 664 aedl@redondela.gal
CONCELLO DAS PONTES CONCELLOS DAS PONTES, AS SOMOZAS E A CAPELA XERAL 981 453 116 emprego@aspontes.org
CONCELLO DE FERROL CONCELLO DE FERROL XERAL 981 944 195 emprego@ferrol.es
CONCELLO DO PORRIÑO CONCELLO DO PORRIÑO XERAL 986 335 000 rexistro@oporrino.org
CONCELLO DE CHANTADA CONCELLOS DE CHANTADA, PANTÓN, BÓVEDA, PARADELA, O SAVIÑAO, SOBER, TABOADA, CARBALLEDO, A PEROXA, COLES, VILAMARÍN, S.CRISTOVO DE CEA E AMOEIRO XERAL 982 440 011 emprego@concellodechantada.org
CONCELLO DE OUTEIRO DE REI CONCELLOS DE OUTEIRO DE REI, RÁBADE, FRIOL, BEGONTE, COSPEITO, CASTRO DE REI, ABADÍN E MONDOÑEDO XERAL 982 393 281 programaintegrado.outeiro@gmail.com
CONCELLO DE PALAS DE REI CONCELLOS DE MELIDE, PALAS DE REI, MONTERROSO, PORTOMARÍN, ANTAS DE ULLA, O PÁRAMO E GUNTÍN XERAL 982 380 001 info@palasderei.org
CONCELO DE SALCEDA DE CASELAS CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS XERAL 986 347 864 tle@salcedadecaselas.gal
CONCELLO DE PONTEAREAS CONCELLO DE PONTEAREAS XERAL 986 640 000 ana.macarena.vilas.tobar@ponteareas.gal
CONCELLO DE DODRO CONCELLOS DE DODRO, PADRÓN, ROIS, VALGA, CATOIRA E PONTECESURES XERAL 981 802 062 programaintegrado@dodro.gal
CONCELLO DA LARACHA CONCELLO DA LARACHA XERAL 981 612 811 emprego@alaracha.es

 

Programas integrados de emprego de entidades sen ánimo de lucro

ENTIDADE ÁMBITO TERRITORIAL TIPO DE PROGRAMA TELÉFONO DE CONTACTO CORREO ELECTRÓNICO
FUNDACIÓN EQUIPO HUMANO CONCELLOS DA CORUÑA, ARTEIXO, OLEIROS, SADA, CAMBRE, CULLEREDO, CARRAL, BETANZOS E CARBALLO EXCLUSIVO MULLERES 670 263 204 info@fundacionequipohumano.es ; david.lopez@fundacionequipohumano.es
ASOC. EMPRESAS DE TECNOLOXÍA DE GALICIA (INEO) CONCELLO DE VIGO EXCLUSIVO MULLERES 986 112 570 direccionoperaciones@ineo.org
ASOC. EMPRESARIOS DE REDONDELA CONCELLOS DE REDONDELA, PAZOS DE BORBÉN, SOUTOMAIOR, FORNELOS DE MONTES, VIGO, MOAÑA E VILABOA EXCLUSIVO MULLERES 986 404 012 aer@empresasredondela.gal
ASOC. EMPRESARIOS E PROFESIONAIS CENTRO COMERCIAL ABERTO COMPOSTELA MONUMENTAL CONCELLOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, AMES, TEO, OROSO, BOQUEIXÓN, BRIÓN, ORDES, O PINO, VAL DO DUBRA, VEDRA E TRAZO EXCLUSIVO MULLERES 981 575 919 gerente@compostelamonumental.es
ASOC. AGARIMO CONCELLOS DE ARTEIXO, A CORUÑA, BERGONDO, SADA, OLEIROS E BETANZOS XERAL 652 275 276 proyectos@asociacionagarimo.org
IRIS SOCIAL CONCELLOS DE PONTEVEDRA, MARÍN, BUEU E POIO XERAL 604 040 378 coordinacion@irissocial.es
FUNDACIÓN CIP CONCELLOS DE VIGO E DA CORUÑA XERAL 630 344 164 coordinacion@fundacioncip.com
ASOC. INDUSTRIALES METALURGICOS DE GALICIA (ASIME) CONCELLOS DE FERROL, NARON, NEDA, ARES, VIGO, REDONDELA E PORRIÑO XERAL 986 410 727 lorena.gonzalez@asime.es/asime@asime.es
FED. DE ASOCIACIONS DE FAMILIARES E ENFERMOS MENTAIS DE GALICIA (FEAFES) CONCELLOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, A CORUÑA, LUGO, OURENSE, VIGO E PONTEVEDRA XERAL 981 942 380 feafesgalicia@feafesgalicia.org
ASOC. FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER DE ORENSE CONCELLOS DE OURENSE, VIGO E PONTEVEDRA XERAL 988 219 292 recuerda@afaor.com
FUNDACIÓN IMPULSARSE CONCELLOS DE BAIONA, FORNELOS DE MONTES, GONDOMAR, MOS, NIGRÁN, PAZOS DE BORBÉN, O PORRIÑO, REDONDELA, SALCEDA DE CASELAS, SOUTOMAIOR E VIGO XERAL 986 046 441 zairalarriba@fundacionimpulsarse.es
ASOC. PROV. EMPRESARIOS DE HOSTELERIA Y TURISMO DE LUGO CONCELLOS DE MONFORTE DE LEMOS E LUGO XERAL 982 226 912 formacion@apehl.org
DOMUSVI PROVINCIAS DE PONTEVEDRA, A CORUÑA E OURENSE XERAL 986 227 103 cadiaz@domusvi.es
FUNDACIÓN NORTEMPO CONCELLOS DE VIGO, SANTIAGO DE COMPOSTELA E A CORUÑA XERAL 618 308 755 juanandres.diaz@fundacionnortempo.es
FED. DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE PONTEVEDRA PROVINCIA DE PONTEVEDRA XERAL 986 432 400 direccion@feprotur.org
FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN CONCELLOS DA CORUÑA, ARTEIXO, OLEIROS, CARBALLO, SANTIAGO, TEO, AMES, BRIÓN, OROSO, VIGO, MOS, O PORRIÑO E REDONDELA XERAL 686 848 027 antonio.garcia@fundacionlaboral.org
ASOC. EMPRESARIOS DE MOS CONCELLOS DE MOS, PORRIÑO E VIGO XERAL 986 498 820 gerencia@aemos.es
ASOC. FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER Y OTRAS DEMENCIAS DE GALICIA (AFAGA) PROVINCIA DE PONTEVEDRA XERAL 986 229 797 rosa.poveda@afaga.com
CIMO CONCELLO DE OURENSE XERAL 988 391 515 direccion@cimo.org
ASOC. AREA EMPRESARIAL DO TAMBRE CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA XERAL 981 552 850 gerente@areaempresarialdotambre.com
ASOC. EMPRESARIOS DEL POLIGONO INDUSTRIAL DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS CONCELLOS DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS, OURENSE, BARBADÁS, PEREIRO DE AGUIAR, TABOADELA, CARBALLIÑO, MERCA, XINZO, ALLARIZ, MACEDA E CELANOVA XERAL 988 383 756 multiusos@poligonosancibrao.com
CONF. PROV. EMPRES. DE PONTEVEDRA CONCELLOS DE VIGO, CANGAS, O PORRIÑO E MOS XERAL 986 439 611 / 986 446 300 cep@cep.es
ASOC. EMPRESARIOS DO DEZA CONCELLO DE AGOLADA, DOZÓN, LALÍN, RODEIRO, SILLEDA E VILA DE CRUCES XERAL 986 787 091 asociacion@aedeza.com
ASOC. AMICOS CONCELLOS DE BOIRO, RIBEIRA, A POBRA, PORTO DO SON E LOUSAME XERAL 981 865 716 notificacion@amicos.org
UGT-SERVIZOS PÚBLICOS DE GALICIA CONCELLOS DE SANTIAGO,VILAGARCÍA, A CORUÑA E PONTEVEDRA XERAL 981 572 744 nbravo@ugt-sp.ugt.org
ASETRANSPO CONCELLOS DE PONTEVEDRA, VIGO E O PORRIÑO XERAL 986 443 412 gerencia@asetranspo.org
FUNDACIÓN PARA A DISCAPACIDADE E EMPREGO JUAN XXIII CONCELLOS DE PONTEVEDRA, MARÍN, POIO, CANGAS E BUEU XERAL 986 869 296 fundacion@fundacionjuanxxiii.es
ASOC. INSERTA INNOVACION CONCELLOS DE VIGO, SANTIAGO DE COMPOSTELA E A CORUÑA XERAL 671 767 822 bgallego.inserta@fundaciononce.es
ASPRONAGA CONCELLOS DA CORUÑA, OLEIROS, SADA, CULLEREDO E BERGONDO XERAL 637 895 025 juanfontela@aspronaga.net
 

LISTAXE DE PROGRAMAS INTEGRADOS DE EMPREGO - AMPLIACIÓN - CONVOCATORIA 2024

A continuación, como resultado da ampliación orzamentaria aplicada para o desenvolvemento dos Programas Integrados de Emprego neste ano 2024, a continuación publícanse as relacións de programas adicionais de entidades locais e de entidades sen ánimo de lucro.

Programas integrados de emprego de entidades locais - Ampliación

ENTIDADE ÁMBITO TERRITORIAL TIPO DE PROGRAMA TELÉFONO DE CONTACTO CORREO ELECTRÓNICO
CONCELLO DE RIBEIRA CONCELLOS DE RIBEIRA E PORTO DO SON E COMARCA XERAL 981835417 maria.paz@ribeira.gal
CONCELLO DE ARTEIXO CONCELLO DE ARTEIXO XERAL 981659151 emprego@arteixo.org
CONCELLO DE MOS CONCELLO DE MOS XERAL 986487786 piemos@concellomos.es
CONCELLO DE MOAÑA CONCELLOS DE MOAÑA, CANGAS E BUEU XERAL 986314200 emprego@patronatobeiramar.org

  

Programas integrados de emprego de entidades sen ánimo de lucro - Ampliación

ENTIDADE ÁMBITO TERRITORIAL TIPO DE PROGRAMA TELÉFONO DE CONTACTO CORREO ELECTRÓNICO
ACCIÓN LABORAL CONCELLOS DE VIGO E PONTEVEDRA XERAL 986090146 coordinacionempleo.sc@accionlaboral.com
COGAMI CONCELLOS DA CORUÑA, ARTEIXO, CAMBRE, CULLEREDO, FERROL, NEDA, NARÓN, VIGO, O PORRIÑO, SANTIAGO, AMES, BRIÓN E OROSO XERAL 981574698 carmen.insua@cogami.gal
ASOC. PROVINCIAL EMPRESARIOS DE LA CONSTRUCCIÓN DE OURENSE (ACO) CONCELLO DE OURENSE XERAL 988366240 formacion@acourense.com
ASOC. DE EMPRESARIOS A PASAXE CONCELLOS DE BAIONA,OIA, NIGRÁN, GONDOMAR, A GUARDA,TOMIÑO, PORRIÑO E VIGO XERAL 986468196 apasaxe@apasaxe.org