Programa Retorna Cualifica 2025

A Xunta de Galicia continúa apostando por dar ás persoas que tiveron que emigrar así como a súa descendencia, a oportunidade de regresar a Galicia e poder desenvolver un proxecto de vida nesta comunidade. Para iso cómpre facilitar que as persoas interesadas en retornar a Galicia dispoñan tanto de información como de formación que lles permita contar cunha oferta de traballo e chegar a Galicia coa garantía da súa inserción laboral. Estes son precisamente os obxectivos do Programa Retorna Cualifica Emprego.

Por iso, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pon en marcha o Programa Retorna Cualifica Emprego coa publicación da Orde do 29 de novembro de 2024 (DOG núm. 236 do 09/12/24) pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas a realización do Programa Retorna Cualifica Emprego e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2025.

As entidades beneficiarias das subvencións deberán levar a cabo o desenvolvemento do Programa na súa integridade, é dicir, desenvolverán as accións para permitir o regreso de 200 galegas e galegos menores de 55 anos residentes no exterior e que irá acompañado dun plan personalizado de cualificación e empregabilidade así como de recursos de formación e a formalización do correspondente contrato de traballo, incluíndo axudas económicas para atender as súas primeiras necesidades en Galicia e para facilitar o seu acceso a unha vivienda en aluguer.

Requisitos de las personas participantes

Poderán participar no Programa todas aquelas persoas emigrantes de nacionalidade española e orixe galega residentes no exterior que estean interesadas en integrarse laboralmente en Galicia e que cumpran seguintes requisitos:

a) Estar en posesión da nacionalidade española.

b) Ser menor de 55 anos.

c) Residir fóra de España.

d) Acreditar un mínimo dun ano de residencia fóra de España inmediatamente anterior á data de inicio de participación no Programa Retorna Cualifica Emprego.

e) Estar vinculado a Galicia por algún destes xeitos:

  • Ser emigrante nacido en Galicia.
  • Ser emigrante non nacido en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante seis (6) anos con nacionalidade española antes de emigrar.
  • Ser descendente por consanguinidade de emigrante nacido/a en Galicia, sempre que a persoa solicitante nacese no estranxeiro.

f) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estaren vinculadas a un concello galego.

Compromiso das persoas participantes

A aceptación do posto de traballo implica unha permanencia mínima en Galicia de 12 meses.

Este compromiso de permanencia deberá constar por escrito e, no caso de que o participante decida finalizar voluntariamente a relación laboral ou se produza un despido procedente disciplinario, poderá implicar o reintegro das axudas económicas percibidas.

Tipos de accións formativas de reforzo

As accións formativas terán como obxectivo reforzar a capacitación profesional da persoa permitíndolle adquirir, actualizar, reciclar e completar o perfil de competencias profesionais axeitadas a ese posto de traballo que se lle oferte.

-Formación en competencias clave nivel 2 e nivel 3

As persoas que o desexen contarán cunha vía para poder realizar en Galicia accións formativas conducentes a certificados de profesionalidade, non tendo que agardar despois a ter homologados os seus estudos.

Poden realizar esta formación no seu país de orixe a través dos recursos formativos do campus virtual da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

-Accións formativas relacionadas co sector produtivo e posto de traballo ofertado pola empresa

Esta formación terá como obxectivo reforzar a capacitación profesional da persoa permitíndolle adquirir, actualizar, reciclar e completar o perfil de competencias profesionais axeitadas a ese posto de traballo que se lle oferte.

-Competencias dixitais

Formación nas destrezas necesarias para empregar as TICs como ferramenta no ámbito laboral (creación de correo electrónico, uso de navegadores da Internet…).

- Habilidades brandas

Formación orientada á potenciación das habilidades brandas tales como traballo colaborativo e en equipo, comunicación, negociación, xestión do estrés, creatividade, capacidade de adaptación, flexibilidade, actitudes, …

Contratación laboral no posto de traballo ofertado

Adicionalmente, formalizarase o contrato de traballo indefinido a tempo completo ou parcial. No caso do contrato indefinido parcial, garantizarase a media xornada (50% da xornada completa).

Axudas para facilitar a participación no Programa

A participación no Programa Retorna Cualifica Emprego é gratuita e contempla adicionalmente as seguintes axudas:

  • Gastos de traslado a Galicia.
  • Axuda económica de 1.400 euros para cubrir os primeiros gastos de instalación en Galicia.
  • Axuda de ata 1.800 euros para atender as obrigas derivadas da constitución de fianza e da alta en subministracións, no caso de formalizar un contrato de aluguer de vivienda.
  • Axuda de ata 600 euros durante 3 meses como máximo e proporcional ao tempo que permaneza no Programa, para facilitar o acceso a unha vivienda en aluguer.
  • Acompañamento e asesoramento durante o proceso de retorno e posterior inserción laboral.

Relación de entidades xestoras do Programa

No caso de que che poida interesar participar, unha vez definidas, iranse publicando para a túa consulta os datos das entidades xestoras do Programa Retorna Cualifica Emprego que vaian executalo, detallándose tamén os postos ofertados correspondentes.

Se cumpres cos requisitos para participar neste Programa e te axustas ao perfil demandado para o posto ofertado, podes poñerte en contacto coa entidade xestora correspondente a través do seu portal web ou enderezo electrónico.

Por último, a continuación tes información adicional na infografía explicativa que se ten deseñado para o Programa:

Infografía Programa Retorna Cualifica Emprego