A Xunta de Galicia ten posto en marcha a segunda edición do Programa Retorna Cualifica Emprego, promovendo para o ano 2025 un conxunto de medidas dirixidas a facilitar e apoiar a atracción do talento das persoas emigrantes que desexen retornar a Galicia.

Deste xeito, búscase acadar un dobre obxectivo: por un lado, apoiar ás empresas galegas para que poidan identificar o talento que precisan nas súas organizacións para os retos futuros dos seus negocios en calquera parte do mundo e, por outro, promover oportunidades para que as persoas galegas residentes no exterior que desexen retornar a Galicia poidan facelo cun proxecto vital e profesional sólido e con garantías.

Programa Retorna Cualifica Emprego facilita de xeito coordinado, unha canle para acompañar ás empresas na identificación e busca dese talento, recompilando e difundindo entre a colectividade de persoas emigrantes galegas todos aqueles compromisos de contratación que desexen promover, ao tempo que achega un conxunto de servizos e apoios económicos para facilitar o retorno das persoas galegas residentes no exterior para que poidan voltar a Galicia coas máximas garantías para facilitar o seu asentamento e desenvolvemento laboral.

Para todo elo, a Xunta de Galicia contará coa colaboración de entidades xestoras que acheguen a súa experiencia tanto na xestión e desenvolvemento de programas de formación e cualifación para o emprego e a atracción do talento como en actividades de asesoramento e asistencia técnica en procesos de selección de talento, ao tempo que contan con capacidade, solvencia, eficacia e recursos humanos e materiais suficientes para a realización, organización e coordinación das actividades a desenvolver dentro do Programa Retorna Cualifica Emprego para este ano 2025.

Se es parte dunha empresa ou entidade empregadora, invitámosche a que consultes máis información sobre o Programa no seguinte enlace:

Empresas

E se es parte dunha entidade sen ánimo de lucro con experiencia neste ámbito, invitámosche tamén a recabar máis información accedendo ao seguinte enlace:

Entidades sen ánimo de lucro