A continuación se relacionan as sesións grupais que está a promover Emprego Galicia durante este ano 2025 para dar a coñecer novas oportunidades de emprego en empresas e sectores económicos en Galicia, por orde de data de celebración, de máis actual a máis antiga.

Sesión grupal sobre a campaña de emprego en Abanca

Sesión informativa sobre a campaña de emprego de Abanca para o ano 2026, facilitando consellos para superar os procesos de selección.

19 de novembro de 2025

Consulta o perfil solicitado e reserva a túa praza

Sesión grupal sobre a orientación e programas de emprego

Sesión informativa na oficina de emprego de Redondela dirixida a motivar e acompañar ás persoas desempregadas cos recursos da formación e dos programas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.

13 de novembro de 2025

Reserva a túa praza

Sesión grupal sobre as opcións formativas para persoas procedentes do estranxeiro

Sesión informativa na oficina de emprego de Ourense Centro sobre o mercado laboral e aspectos fundamentais na busca de emprego en Galicia.

12 de novembro de 2025

Xornada xa celebrada

Sesión grupal sobre o sector do metal

Sesión informativa na oficina de emprego de Ferrol Centro sobre o sector do metal, coñecendo as empresas que máis contratan, as posibilidades de formación no sector, ...

5 de novembro de 2025

Xornada xa celebrada

 

Sesión grupal sobre a oficina virtual de emprego

Sesión informativa na oficina de emprego de Vilagarcía sobre a oficina virtual de emprego para informar dos recursos que ofrece na busca de emprego.

5 de novembro de 2025

Xornada xa celebrada

 

Sesión grupal sobre a selección de persoal temporal na Empresa Pública SEAGA

Sesión informativa sobre os perfís máis demandados no sistema de listas previas para a selección de persoal temporal na empresa pública SEAGA.

20 de outubro de 2025

Xornada xa celebrada

 

Sesión grupal sobre as opcións de emprego na empresa Obramat

Sesión informativa sobre o proceso de contratación de perfís de vendedores especializados da empresa Obramat ubicada no polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

7 de outubro de 2025

Xornada xa celebrada

 

Sesión grupal sobre a contratación de persoal para a fabricación de vehículos militares

Sesión informativa sobre o proceso de contratación da empresa Rodríguez López Auto, S.L. ubicada no polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

2 de outubro de 2025

Xornada xa celebrada

 

Sesión grupal sobre a oficina virtual de emprego

Sesión informativa na oficina de emprego de Redondela sobre os recursos da Oficina Virtual de Emprego para a busca de emprego.

25 de setembro de 2025

Xornada xa celebrada

 

Sesión grupal sobre as bolsas da FEUGA

Sesión informativa grupal para informarse sobre as bolsas Feuga impartida pola directora do seu departamento de Bolsas.

24 de setembro de 2025

Xornada xa celebrada

 

Sesión grupal informativa sobre as opcións de emprego en Mapfre

Sesión informativa coa empresa Mapfre para dar a coñecer os perfís que están a demandar nos seus centros de traballo.

25 de xuño de 2025

Xornada xa celebrada

 

Sesión grupal informativa sobre a importancia das competencias personais na busca de emprego

Sesión informativa centrada na importancia que ten pór en valor as competencias brandas personais na busca activa de emprego.

17 de xuño de 2025

Xornada xa celebrada

 

Sesión grupal informativa sobre a carreira profesional nas Forzas Armadas

Sesión co Ministerio de Defensa para coñecer as posibilidades de facer a túa carreira profesional nas Forzas Armadas.

9 de xuño de 2025

Xornada xa celebrada

 

Sesión grupal informativa coa empresa El Corte Inglés

Sesión informativa para dar a coñecer os perfís que están a demandar nos seus centros de traballo.

21 de maio de 2025

Xornada xa celebrada