A continuación se relacionan as sesións grupais que está a promover Emprego Galicia durante este ano 2026 para dar a coñecer novas oportunidades de emprego en empresas e sectores económicos en Galicia, por orde de data de celebración, de máis actual a máis antiga.

Sesión grupal sobre como apuntarse ás listaxes de contratación da Xunta de Galicia

Se queres inscribirte nas listaxes de contratación da Xunta de Galicia e non sabes como, esta sesión é para ti! As oficinas de emprego da Cañiza, na aula CeMIT, e a de Cambados imparten unha sesión grupal práctica ás 12:00 horas  para aprender paso a paso.

Ti podes facelo!

Sesion grupal

17 de marzo de 2026

Reserva a túa praza

 

Sesión grupal sobre as oportunidades de emprego para as persoas mozas

As oficinas de emprego de Redondela e Cambados desenvolven esta sesión grupal centrada nas persoas mozas para contarlles os programas e recursos de emprego dispoñibles para impulsar a súa inserción laboral informando sobre bolsas, cooperación, investigación e oportunidades para o primeiro emprego.

Para lanzarse por ese futuro que está agardando!

Sesion grupal

12 de marzo de 2026

Reserva a túa praza

 

Sesión grupal a túa oportunidade laboral en CLECE!

Nesta sesión conectamos coa empresa CLECE para coñecer as súas demandas de contratación nos sectores da loxística e da axuda a domicilio. Unha oportunidade perfecta para explorar novas vías profesionais e dar un impulso ao teu futuro laboral.

Sesion grupal

11 de marzo de 2026

Consulta perfís e reserva a túa praza

 

Sesión grupal sobre a unha oportunidade laboral a túa altura!

Conectamos coa UTE Helicópteros de Galicia para descubrir profesións de loita contra o lume que van máis aló dun traballo. Se buscas acción e facer algo que realmente importa, consulta os perfís e reserva a túa praza para esta misión.

Sesion grupal

4 de marzo de 2026

Consulta perfís e reserva a túa praza

 

Sesión grupal activa o teu talento: a IA como motor de novas oportunidades

A oficina de emprego da Cañiza ofrece na aula CeMIT unha sesión na que fará unha introdución práctica e inspiradora sobre o uso da intelixencia artificial no proceso de busca de emprego. Descubre como reforzar o teu perfil profesional e avanzar na túa empregabilidade.

Sesion grupal

24 de febreiro e 10 de marzo de 2026

Reserva a túa praza

 

Sesión grupal sobre a Oficina Virtual de Emprego

Nas oficinas de emprego de Cambados e Ourense A Ponte celebrarase unha sesión grupal para descubrir a túa oficina virtual e poder facer así a maioría dos trámites laborais sen desprazarte.

Sesion grupal OVE A Cañiza

13 de febreiro de 2026

Xa celebrada

 

Sesión grupal sobre a mellor oportunidade laboral é aquela para a que te preparas

Se non tes a ESO nin o Bacharelato nas oficinas de emprego de Vilagarcía e Boiro cóntanche como acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 mediante as competencias clave.

Sesion grupal competencias clave

10 de febreiro de 2026

Xa celebrada

 

Sesión grupal sobre as oportunidades de emprego en ILUNION

Nunha sesión en liña conectamos coa empresa ILUNION dirixida a persoas con discapacidade (≥ 33 %) ou incapacidade permanente, para coñecer as oportunidades de emprego que ofrece nos distintos sectores nos que desenvolve a súa actividade.

Sesion grupal Ilunion

4 de febreiro de 2026

Xa celebrada

 

Sesión grupal sobre a mellor oportunidade laboral é aquela para a que te preparas

Se non tes a ESO nin o Bacharelato, nas oficinas de emprego de Redondela, Cambados, Vigo (López Mora), Boiro, A Cañiza (aula CeMIT)  e Ourense Centro cóntanche como acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 mediante as competencias clave.

Sesion grupal competencias clave

3 de febreiro de 2026

Xa celebrada

 

Sesión grupal sobre a Oficina Virtual de Emprego e a app MOBEM

Na oficina de emprego da Cañiza realizarase unha sesión grupal sobre como usar a Oficina Virtual de Emprego e a app MOBEM na aula CeMIT da Cañiza.

Sesion grupal OVE A Cañiza

27 de xaneiro de 2026

Xa celebrada

 

Sesión grupal sobre a experiencia ONCE Vendendo ilusión e creando oportunidades

Sesión coa ONCE dirixida a persoas con discapacidade interesadas nas opcións reais de emprego dentro da súa organización vinculadas á venda dos seus produtos.

Sesion grupal Once

28 de xaneiro de 2026

Xa celebrada

 

Sesión grupal sobre a Oficina Virtual de Emprego

Na oficina de emprego de Lugo - Sur poderás descubrir os recursos que che ofrece a Oficina Virtual de Emprego para impulsar a túa busca de emprego.

15 de xaneiro de 2026

Xa celebrada

 

Sesión grupal sobre oportunidades de emprego na empresa EULEN

A empresa EULEN acompañaranos durante dúas sesións grupais para informar sobre as súas necesidades nos distintos sectores nos que presta servizos: metal, loxística, limpeza industrial, hoteleira e convencional.

14 e 21 de xaneiro de 2026

Xa celebradas

 

Sesións grupais 2025