ACCIÓNS FORMATIVAS 2026 - 2027 DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS DESEMPREGADAS (AFD)
Para achegar a máxima información e visibilidade do Plan formativo para o emprego a impartir durante os anos 2026 e 2027, a continuación relaciónanse as accións formativas estimadas ao abeiro do disposto na Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se modifica parcialmente a Orde do 8 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2025-2027 e se procede á primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C para persoas traballadoras desempregadas, para os anos 2025 e 2026, e se procede á súa segunda convocatoria para os exercicios 2026 e 2027 (código de procedemento TR301K).
No seguinte enlace podes acceder tamén á infografía informativa para alumnado sobre esta convocatoria.
Todas as accións formativas publícanse no portal Diplos da Consellería, desde o que podes consultar, buscar e solicitar aquelas que consideres do teu interese.