Desde a Consellería de Emprego e Igualdade se busca apoiar ás empresas que promovan a incorporación de novo personal mediante fórmulas complementarias, como son a formación con compromiso de contratación ou as prácticas non laborais.

Estas dúas vías promóvense co fin de mellorar e garantir o proceso de incorporación á actividade laboral de persoas demandantes de emprego ao tempo que se axuda tamén ás empresas, que así o desexen, a cubrir as súas necesidades en materia de persoal.

Deste xeito, se logra incidir na adquisición de novas competencias profesionais, o que supón unha vía moi interesante para o desenvolvemento consolidado e a longo prazo do emprego de calidade.

 Nos seguintes enlaces podes obter máis información de cada unha delas:

Formación con compromiso de contratación

Prácticas non laborais