Para potenciar a contratación de novo persoal nas empresas galegas e para fomentar a conversión en indefinidos de contratos temporais, dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria temos definido diversos programas de incentivos ás empresas que as contraten e sempre que se axusten aos perfiles definidos.

 Para maior comodidade, consulta a relación actualizada das axudas dispoñibles no portal web da Consellería de Economía, Emprego e Industria:

Portal web da Consellería 

Para xestionar as túas solicitudes de xeito sinxelo e rápido a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia:

Sede electrónica da Xunta de Galicia 

E lembra que podes consultar todas as axudas das que dispón a Xunta de Galicia para empresas en cada momento a través da súa Canle de Axudas:

Canle de axudas 

"A Xunta de Galicia impulsa ao longo de todo o ano diversas axudas con elevados orzamentos para facilitar a inserción laboral de colectivos de especial interese e para a potenciación do emprego de calidade"