Dende Emprego Galicia analizamos constantemente as principais características do mercado laboral e identificamos colectivos con especiais necesidades de inserción laboral, sen que isto signifique que non estean formados por persoas competentes e capaces.

Para fomentar a súa inserción laboral, programamos de xeito permanente cada ano axudas e incentivos para a súa contratación, apoiando a colectivos como persoas mozas, mulleres, maiores de 45 anos, en risco de exclusión, etc. fomentando o seu desenvolvemento laboral entre as empresas para que tamén asuman o compromiso social coa inserción de persoas de especial interese. 

Para saber máis sobre os colectivos de interese e dos beneficios asociados á súa contratación, acode a calquera das nosas oficinas de emprego a través do seguinte buscador:

Buscador de centros e oficinas

"A Xunta de Galicia apoia e potencia a contratación de persoas incluídas nos colectivos de especial interese como fórmula para a súa inclusión e desenvolvemento sociolaboral"