Dentro da nosa actividade diaria estamos continuamente avanzando na posta en marcha de distintas iniciativas, actividades e axudas que fomenten o emprego de calidade.

Por este motivo, che suxerimos que para atopar a que máis se adapte a túa idea de proxecto consultes outros programas e axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria para persoas emprendedoras na Canle de Axudas da Xunta de Galicia:

Canle de axudas ao emprendemento

 Tamén podes acceder á páxina web da Unidade de Galicia Emprende, Iniciativa da Xunta de Galicia establecida na Lei do Emprendemento e da competitividade económica de Galicia que procura catalizar a iniciativa de persoas emprendedoras:

Portal web da Unidade Galicia Emprende

Por último, podes consultar a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) onde dispós de guías, estudos de mercado, consellos sobre financiamento, asesoramento e formación específica para persoas que, como ti, queren poñer en marcha por conta propia o seu futuro laboral:

Apoio do IGAPE a novas empresas