Dende o Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) estamos sempre a buscar empresas nas que as persoas demandantes que participan na formación para o emprego poidan realizar prácticas profesionais non laborais que lles axuden a asentar os novos coñecementos e as competencias adquiridas, de forma que se potencie a utilidade das accións realizadas e se mellore a súa empregabilidade cara a busca dun emprego de calidade.

Este programa está regulado no Real Decreto 1543/2011, do 31 de outubro, polo que se regulan as prácticas non laborais en empresas (BOE nº 278 do 18 de novembro).

Acceso ao Real Decreto 1543/2011 - Documento consolidado:

Real Decreto 1543/2011

Se a túa empresa quere acoller algunhas destas persoas, tan só é preciso seguir os seguintes pasos:

1. Realizar a solicitude de xeito telemático a través da sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento PR004ANo formulario de solicitude deberás:

a. Especificar un medio de notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia - Notifica.gal

b. No campo "Destinatario" elixir: Consellería de Economía, Emprego e Industria, Dirección Xeral de Promoción e Orientación Laboral.

2. Achegar, xunto a dita solicitude, o seguinte modelo de convenio xa cuberto y un programa de prácticas non laborais onde constará, polo menos, o contido e a duración das prácticas e a formación que lle acompañará, así como a indicación dos sistemas de avalación e titorías

Modelo de convenio:

Descarga de modelo de convenio

Unha vez recibida  a solicitude, o Servizo de Intermediación Laboral iniciará a tramitación do convenio de colaboración e, cando este estea asinado, a túa empresa poderá xa realizar a solicitude de persoas candidatas nunha oficina de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia, segundo o seguinte modelo.

Modelo de solicitude de persoas candidatas:

Descarga de modelo de convenio  

Relación de empresas que teñen subscrito o convenio de prácticas non laborais:

Relación de empresas con convenio de prácticas non laborais 

Se queres aclarar calquera dúbida ou saber máis sobre as prácticas non laborais, non dubides en poñerte en contacto con nós a través do noso de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou acudindo ao centro ou oficina de emprego máis próximo:

Buscador de centros e oficinas