A través do presente aviso, o Servizo Público de Emprego de Galicia (en adiante SPEG), informa ás persoas usuarias de MOBEM acerca da súa política de privacidade dos datos persoais.

Protección de datos persoais

De acordo coa Lei 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo/a da existencia dun ficheiro no que se almacenan os datos da túa demanda de emprego. Podes consultar a información no apartado anterior de Aviso LOPD

Aviso legal LOPD 

Permisos requiridos no dispositivo

MOBEM require un conxunto de permisos no dispositivo, relativos a identidade, contactos, emprazamento e outros, detallados no apartado Permisos deste enlace. Todos eles son necesarios para proporcionar servizos ás persoas demandantes de emprego:

MOBEM busca o emprazamento do dispositivo para enviala na renovación de demanda. Esto ven derivado do artículo 271 do texto refundido da Lei General de la Seguridad Social, aprobada polo Real Decreto Lexislativo 8/2015 de 30 de outubro (TRLGSS).

Como medida de seguridade, MOBEM rexistra os dispositivos que usa un demandante para conectarse. Por este motivo, MOBEM necesita consultar a identidade do teléfono. Ademais, a primeira vez que accedas dende un terminal móbil non rexistrado, MOBEM solicita o enderezo electrónico que teña rexistrado a persoa demandante na súa demanda de emprego no SPEG.

MOBEM usa o permiso de datos de chamada para abrir o teclado telefónico para a chamada ó 012 desde a pantalla de Información.

MOBEM usa os permisos de conta e identidade para usar os servizos de Google para a recepción de notificacións PUSH e para abrir o envío de email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. desde a pantalla de información.

MOBEM necesita comprobar a conexión do dispositivo a Internet e abrir as conexións para o consumo de servizos externos.

MOBEM usa a vibración para a recepción das notificacións.

Información recopilada no dispositivo

MOBEM só require información da conta e do enderezo de correo electrónico da persoa demandante no SPEG.

Para coñecer como usa a información o SPEG e como a comparte, pode consultar esta información no apartado anterior de Aviso LOPD

Aviso legal LOPD

Información de contacto

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

EDIFICIO ADMINISTRATIVO SAN CAETANO S/N

15781-SANTIAGO DE COMPOSTELA

A CORUÑA-ESPAÑA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.