Se es unha persoa demandante de emprego rexistrada en Emprego Galicia podes utilizar a Oficina Virtual para acceder máis facilmente ao conxunto de servizos que pon a túa disposición.

Oficina Virtual

A oficina virtual está a disposición das persoas inscritas Emprego Galicia como demandantes de emprego, coa excepción daqueles que por algún motivo teñan a súa demanda en situación administrativa de baixa.

Lembra que a inscrición debes facela persoalmente na oficina de emprego que che corresponda.

Accede aquí ao buscador de oficinas de emprego:

Buscador de centros 

Ademais, dispós de varios medios alternativos para poder acceder á oficina virtual:

A oficina virtual. Acceso co DNI-e A oficina virtual. Acceso con usuario

 

Excepción

Se tes a túa demanda en situación administrativa de baixa e cumpres as condicións que se indican máis abaixo, podes cambiar a túa situación administrativa de baixa a alta a través da oficina virtual. Neste enlace decímosche como facelo.

As dúas condicións que deben darse conxuntamente para que poidas facer o dito cambio de Baixa a Alta son as seguintes:

  • A demanda debe levar en situación administrativa cento oitenta días ou menos.
  • A causa da baixa debeu ser por colocación (comunicada con ou sen oferta previa, alta no réxime especial de traballadores autónomos, por chamamento de fixo discontinuo) ou por manifestación de colocación.

Neste caso, cando intentes acceder á oficina virtual ben con usuario e contrasinal, con certificado dixital ou ben con DNI electrónico, recibirás un aviso por parte do sistema dándoche a opción de recuperar a túa demanda. Se aceptas, a túa demanda pasará á situación administrativa de alta e poderás acceder á oficina virtual. Dende ese momento, a túa demanda continuará en alta ata que por algún motivo volva a caer en baixa.