A rede EURES (EURopean Employment Services) é unha rede de cooperación dos Servizos de Emprego do Espazo Económico Europeo (EEE) cuxo obxectivo é facilitar a libre circulación de persoas traballadoras entre os 27 Estados membros da UE, Suiza, Islandia, Liechtenstein e Noruega, que permite a aquelas traballar e establecerse libremente en calquiera destes paises, garantindo igualdade de dereitos coas persoas nacionais dos mesmos.

A rede está composta pola Oficina Europea de Coordinación, as Oficinas Nacionais de Coordinación, os socios de EURES e os socios de EURES asociados.

Dentro da rede EURES atópase o Servizo EURES Transfronteirizo Galicia-Norte Portugal, que ten como obxectivo dar resposta ás necesidades de información ligadas á mobilidade fronteiriza de persoas traballadoras e empresarias na Eurorrexión.

Nos seguintes enlaces tes máis información sobre o que estas redes che poden achegar:

Información sobre EURESInformación EURES Transfronteirizo

Para que vexas mellor os servizos que che pode ofrecer a Rede Eures Transfronteirizo, podes ver o seguinte vídeo:

 

Tamén tes no seguinte enlace unha plataforma en liña e gratuíta para aprender o idioma portugués, promovida polo Alto Comissariado para as Migraçoes, organismo dependente da Presidencia do goberno de Portugal.

Plataforma de portugués en liña

Se queres afondar nesta opción para atopar emprego, nos seguintes enlaces tes o buscador de ofertas de emprego da rede EURES e do EURES Transfronteirizo Galicia - Norte de Portugal:

Buscador EURES de ofertas de empregoBuscador ofertas EURES Transfronteirizo

Tamén, no seguinte vídeo, poñemos a túa disposición un percorrido sobre os pasos a dar para acceder á plataforma EURES, facendo un repaso sobre os múltiples servizos que achega para a túa busca de emprego en Europa.

 

Ademais, mantén tamén actualizada diversa información sobre os países de destino, accesible dende este enlace:

Países de destino

Por outro lado, pensa igualmente que a túa profesión pode estar regulada no país da UE ao que queiras desprazarte; é dicir, que o seu acceso está restrinxido a unha determinada titulación, ter superado exames especiais e / ou inscribirse nun órgano profesional para exercela, tendo máis información ao respecto neste enlace:

Que é unha profesión regulada?

Por iso, no seguinte enlace ao portal web da Comisión Europea che permitirá comprobar se a túa profesión está ou non regulada no país que che interesa:

Está regulada a miña profesión?

E neste outro, podes comprobar o teu nivel en distintos idiomas:

Comproba o teu nivel no idioma do país 

Por último, no seguinte vídeo (con audio en inglés) podes obter máis información de como usar o portal web da Rede EURES:

 

E como podo facer para informarme máis en detalle?

Existe unha estrutura de conselleiras e conselleiros EURES en Galicia que che proporcionarán información á medida das túas necesidades sobre ofertas de emprego e condicións de vida e traballo nos países de Europa. 

Os conselleiros EURES de Galicia podes atopalos nos siguientes enderezos:

Conselleira EURES de A Coruña

Covadonga López López

Tfno.: +34 881 881 333

Correo: eures.coruna@xunta.gal

Conselleira EURES de Lugo

Correo: eures.lugo@xunta.gal

Conselleiras EURES de Pontevedra

María Teresa Serrano Moreno

Tfno.: +34 986 81 77 47

Fax: +34 886 21 81 61

Correo: eures.pontevedra@xunta.gal

Elisa González Pérez

EURES Transfronteirizo

Tfno.: +34 886 21 81 64

Fax: +34 886 11 09 56

Correo: eures-t.pontevedra@xunta.gal

Conselleiro EURES de Ourense

Manuel Iglesias Suárez-Noguerol

Tfno.: +34 988 78 81 74

Fax: +34 988 78 81 75

Correo: eures.ourense@xunta.gal