Dentro dos seus servizos para persoas demandantes de emprego inscritas en Galicia, a Oficina Virtual ofrece a posibilidade de “reactivar” a demanda de emprego daquelas persoas coa demanda en baixa, sempre e cando se cumpran determinadas condicións.

IMPORTANTE: como consecuencia da situación xerada pola epidemia COVID-19 e para facilitar ás nosas persoas traballadoras a reactivación da súa demanda de xeito telemático, será posible reactivar a demanda de emprego independentemente da causa da baixa (colocación ou outras) e sempre que:

  • a dita baixa non sexa anterior aos últimos 3.650 días (10 anos) e

  • a inscrición anterior á baixa fose en Galicia.

Os pasos para reactivar unha demanda de emprego son os seguintes:

1. Accede á oficina virtual con usuario e contrasinal que tiñas antes de causar "baixa". Se non tes ou esqueciches o teu contrasinal, podes xerar ou resetear o contrasinal empregando o correo electrónico asociado á túa demanda de emprego.

Acceso á Oficina Virtual Emprego Galicia 

2. Se tes a túa demanda en baixa, aparecerache unha pantalla cunha mensaxe como a seguinte, presentándoche unha lapela na marxe superior dereita co seguinte texto: "Demanda en baixa". Preme nese botón:

Pantalla de inicio da Oficina virtual

 3. A continuación aparecerache a pantalla seguinte, na que che dará a opción de "Reactivar a demanda de emprego":

Pantalla oficina virtual

4. E por último, aparecerache unha ventá informándoche que o cambio tense realizado:

Pantalla oficina virtual