Ademais do catálogo de formación que Emprego Galicia pon a túa disposición para avanzar na adquisición de novas competencias, dende este apartado se difundirá tamén toda aquela oferta que outras entidades públicas poidan pór ao teu alcance.

A primeira opción é a Fundación estatal para la formación en el empleo (Fundae). Esta é unha entidade de natureza privada adscrita ao sector público estatal, integrada pola Administración Xeral do Estado, as Comunidades Autónomas e as organizacións empresariais e sindicais más representativas a nivel estatal. Fundae ten como obxectivo contribuír a que empresas e persoas traballadoras melloren as competencias formativas para que poidan facer fronte aos cambios no mercado laboral e dos sectores produtivos.

Nesa liña, Fundae pón a disposición de persoas traballadoras (demandantes de emprego ou ocupadas), persoas autónomas e empresas un catálogo moi amplo de cursos que poden axudar a mellorar su cualificación e aumentar sus competencias profesionais.

Para maior comodidade, consulta dende aquí o buscador da oferta formativa que ten Fundae no seu portal web

Buscador cursos
Fundae

A segunda opción, que tamén é moi interesante, é a oferta formativa do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG). Este centro, encadrado dentro da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, ten como obxectivo principal contribuír á formación de todo o conxunto de persoas que queira prepararse para dar resposta aos retos e proxectos que asuman as empresas de Galicia no ámbito das novas tecnoloxías e a sociedade da información.

Con ese obxectivo, o CNTG orienta toda a súa actividade formativa cara ás persoas do sector privado e público, ocupadas ou en busca de emprego, que demanden formación técnica de alto nivel dentro do ámbito das novas tecnoloxías.

No seguinte enlace tes a opción de acceder directamente ao buscador de cursos que ten a túa disposición o CNTG no seu portal web

Buscador cursos
CNTG