Co obxectivo de dar o máximo apoio informativo ás empresas e persoas empregadoras en relación coa incidencia do coronavirus COVID-19 no ámbito do mercado laboral, Emprego Galicia achega nesta sección todos os contidos que se consideran de especial interese para facer fronte a esta situación no referido ámbito.

Neste sentido, primeiramente é preciso indicar que a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten activado un teléfono gratuíto de atención ás empresas para a resolución de consultas sobre como tramitar os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) como consecuencia do COVID-19.

Imaxe liña 900 COVID19

Información de especial interese!

En relación coa entrada en vigor do Real Decreto-lei 24/2020, de medidas sociais de reactivación do emprego e protección do traballo autónomo e da competitividade do sector industrial, Emprego Galicia ten elaborado un documento para dar resposta as principais preguntas. No seguinte enlace tes acceso ao mesmo:

Preguntas frecuentes Real Decreto-lei 24/2020

Preguntas frecuentes en relación cos ERTE

No seguinte enlace pode acceder a un documento no que se da resposta a moitas das dúbidas e preguntas que, de xeito xeral, están a xurdir en relación coa solicitude e tramitación dun ERTE causado polo COVID-19, sexa por forza maior ou sexa por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción.

Folleto preguntas frecuentes ERTE

Información sobre a tramitación dos ERTE

A comunicación á Autoridade Laboral

Para dispór de toda a información sobre os pasos e os trámites para abordar a solicitude dun expediente de regulación temporal de emprego como consecuencia do COVID-19 ante a autoridade laboral, a continuación dispós de dous guías cos pasos a dar para facilitar o proceso.

Tramitación ERTE forza maiorTramitación ERTE causas produtivas

Por outra banda, para facilitar o seu acceso, tamén se presentan a continuación os enlaces directos á sede electrónica para cada un destes dous tipos de expedientes de regulación.

TR820C Forza Maior

TR820A Inicio causas produtivasTR820B Decisión causas produtivas

A comunicación ao SEPE

Dada a situación xerada dende o Servicio de Empleo Público Estatal (SEPE) no proceso de comunicación dos ERTE, se presenta a continuación o enlace para descargar as instrucións definidas polo Servicio Estatal de Empleo Público para o envío do expediente a través da súa sede electrónica (dispoñible tamén no enderezo https://www.sepe.es/HomeSepe/COVID-19/informacion-empresas.html.

Documento informativo SEPE ERTE

Seguidamente, se inclúe o acceso aos modelos de comunicación que o SEPE ten publicado no seu portal web para a comunicación das distintas situacións que se poden xerar durante a vixencia do ERTE. En concreto, entre outras, as baixas das prestacións de persoas traballadoras afectadas por un ERTE que se van incorporando á actividade e tamén para a comunicación da finalización dun ERTE (actualizado xa coa información sobre as comunicacións das modificacións dos ERTE atendendo ao establecido no Real Decreto- lei 18/2020):

Comunicación SEPE baixas ERTE

Por outro lado, o Ministerio de Trabajo y Economía Social, tras recoñecer a dificultade de poder tramitar a tempo o volume de expedientes recibidos, vén de informar de que o retraso na presentación das solicitudes colectivas de prestación por desemprego das persoas traballadoras afectadas polos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) non será constitutivo de infracción, dispoñendo de máis información no seguinte enlace:

Nota informativa Ministerio

Oficios da Dirección General de Trabajo

Para rematar este apartado, se achegan a continuación os principais oficios que a Dirección General de Trabajo (dependente do Ministerio de Trabajo y Economía Social) ten emitido en relación coa aplicación e interpretación da normativa relativa aos ERTE promovidos polo estado de alarma polo COVID-19. En concreto, os seguintes: 

  • Oficio 863 do 7 de abril de 2020 en contestación á Confederación Española de Organizaciones Empresariales en relación co artigo 5 do Real Decreto - lei 9/2020 e a Disposición adicional sexta do Real Decreto - lei 8/2020:

Oficio 863CRA de 7 de abril

  • Oficio 850 do 11 de abril de 2020 en contestación á Confederación Española de Organizaciones Empresariales en relación coa interpretación e alcance dos reais decretos-lei (8/2020, 9/2020 e 10/2020) en relación a aspectos relacionados cos ERTE e o permiso retribuído:

Oficio 850CRA de 11 de abril

  • Oficio 919 do 29 de abril de 2020 en contestación a unha consulta do Consejo General de Graduados Sociales en relación coa disposición adicional sexta do Real Decreto - lei 8/2020:

Oficio 919CRA de 29 de abril

  • Oficio 927 do 1 de maio de 2020 co criterio sobre a aplicación das medidas de suspensión e reducción de xornada durante a fase de desconfinamento do estado de alarma en relación coa desescalada das medidas extraordinarias adoptadas fronte á pandemia:

Oficio 927CRA de 1 de maio

  • Oficio 733 do 27 de maio de 2020 cos criterios interpretativos da DGT en relación co Real Decreto-lei 18/2020:

Oficio 733PPG de 27 de maio

Comunicación dos anticipos de prestacións con orixe nos ERTE

Co obxecto de mitigar o impacto que a situación pode provocar na renda dispoñible das persoas traballadoras galegas que se están a ver afectadas por un Expediente de regulación temporal del emprego (ERTE), a Xunta de Galicia subscribiu un Convenio de colaboración con diversas entidades financeiras para a formalización de anticipos de prestacións por desemprego con orixe nos referidos expedientes de regulación temporal consecuencia da crise económica provocada polo COVID-19.

Nese sentido, fíxose necesario articular un procedemento electrónico de comunicación para que as empresas cun expediente de regulación temporal de emprego autorizado e comunicado faciliten, dun xeito agregado e sinxelo, a información necesaria relativa ao seu persoal afectado e que desexen optar por acollerse aos ditos anticipos.

Publicación Orde TR820XSolicitude Comunicación TR820X

As entidades financeiras adheridas a este procedemento son as seguintes (a dita relación irase actualizando de xeito continuado):

  • Abanca
  • Banco Sabadell
  • Caixa Rural
  • Caixabank

Por último, no seguinte enlace tes unha infografía cos pasos a dar para a súa solicitude:

Infografía Solicitude Anticipo

Información sobre medidas de prevención fronte ao coronavirus

En relación coas medidas de prevención e de seguridade sanitaria fronte ao coronavirus, o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), asume o papel de referencia en Galicia, contando cun portal web onde se concentra toda a información de referencia no ámbito da saúde e a prevención en relación con esta enfermidade.

Portal Web Coronavirus Sergas

Ademais, no ámbito da seguridade e saúde laboral, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), ten desenvolvido diverso material informativo en relación coa prevención no traballo fronte ao Coronovirus COVID-19.

Guía de recomendacións saúde laboral

Na mesma liña, o ISSGA ten publicado múltiple material informativo no ámbito de distintos sectores de actividade económica en relación coa prevención e saúde laboral polo COVID-19, tendo o acceso no seguinte enlace:

Publicacións ISSGA

Do mesmo xeito, Turismo de Galicia ten habilitado un espazo específico sobre a prevención e a seguridade no sector turístico (Galicia, destino seguro), no que se atopa diversa información en relación con manuais, formación, asesoramento e financiamento para impulsar a súa recuperación da actividade. No seguinte enlace está toda esta información:

Galicia, destino seguro

Modelo declaración responsable traxectos ao traballo

As persoas traballadoras por conta allea que non deban acollerse ao permiso retribuído recuperable establecido no Real Decreto-lei 10/2020, terán dereito a que a empresa lles emita un certificado para facilitar os desprazamentos necesarios entre o lugar de residencia e o traballo.

A continuación se inclúe o modelo indicado, anexo da Orde do Ministerio de Sanidade SND/307/2020, 30 de marzo, pola que se establecen os criterios interpretativos para a aplicación do Real Decreto-lei 10/2020.

Orde Sanidade

Transición cara á recuperación da actividade

Para pechar este apartado, a continuación se inclúe tamén a información relativa á documentación que se está a desenvolver en relación co plan de "desescalada" que, tal e como describe o Goberno central, será a transición cara a nova normalidade.

Plan de transición do Goberno central

Primeiramente, no seguinte enlace se atopa o acceso ao dito Plan para a transición cara unha nova normalidade:

Plan de Transición

Fase 1

Desde o seguinte enlace pódese acceder á guía elaborada polo Goberno central en relación coa Fase 1 (en vigor en Galicia desde o 11 de maio ás 00:00 horas e ata o 24 de maio ás 23:59 horas):

Plan de Transición Guía Fase 1

Adicionalmente, dada a súa importancia nos sectores económicos, se presentan as publicacións das distintas ordes ministeriais en relación coa dita volta á normalidade.

Orde Obras en edificios existentesOrde condicións comercio e servizos

Orde aplicación medidas Fase 1Orde mobilidade segura Fase 1

Para pechar este apartado relativo á Fase 1, a continuación se inclúe tamén o acceso á orde ministerial que regula a flexibilización de certas restricións nos municipios de menor tamaño que aínda se atopan a 22 de maio en Fase 0 e Fase 1 do Plan de Transición, en concreto en relación cos mercados ao aire libre, establecementos de hostalería e restauración:

Orde flexibilización na Fase 1

Fase 2

Seguidamente, se presenta o acceso á Orde ministerial pola que se flexibilizan determinadas restricións para a súa aplicación na Fase 2, xunto coa modificación da dita Orde pola que se amplía o territorio no que é de aplicación (en vigor en Galicia desde o luns 25 de maio ás 00:00 horas e ata o 7 de xuño ás 23:59 horas):

Plan de Transición Guía Fase 2

Por outro lado, a continuación tes o acceso á normativa (Orde ministerial 414/2020 pola que se definen as restricións a aplicar na Fase 2 e a Orde ministerial 440/2020 pola que se inclúe a Galicia na dita Fase 2 e algunhas outras adaptacións sectoriais) que regula este novo escenario:

Orde para a transición á Fase 2Inclusión de Galicia na Fase 2

Se inclúe finalmente, o acceso á Resolución do Cecop pola que se acorda a ampliación da capacidade para o consumo nos locais de hostalería e restauración (pasando do 40% ao 50%) a partires do 1 de xuño.

Acordo Cecop aumento capacidade hostalería

Fase 3

Avanzando co proceso de recuperación da actividade, se presenta seguidamente a Guía do Plan para a transición elaborado polo Ministerio de Sanidad para a denominada Fase 3:

Plan de Transición Guía Fase 3

Para completar a información relativa aos avances aplicables nesta fase, se inclúen tamén os accesos á Orde ministerial pola que se flexibilizan determinadas restricións para a súa aplicación na Fase 3, así como á Orde ministerial que amplía a súa aplicación a Galicia (desde o luns 8 de xuño ás 00:00 horas ata o 14 de xuño ás 23:59 horas):

Orde para a transición á Fase 3Inclusión de Galicia na Fase 3

Superación da Fase 3

Continuando co proceso cara o levantamento da declaración da situación de emerxencia sanitaria de interese galego, a continuación dase acceso á Resolución da Consellería de Sanidade pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a Fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade (desde o luns 15 de xuño ás 00:00 horas):

Resolución Consellería de Sanidade

Seguidamente, a Resolución do 25 de xuño de 2020 da Consellería de Sanidade recolle o acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se introducen modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do 12 de xuño (Resolución presentada no paragrafo anterior), incidindo en medidas adicionais de prevención para facer fronte á crise sanitaria (desde o 27 de xuño de 2020, agás as modificacións recollidas nos números cinco a dezanove do punto primeiro do referido acordo que terán efectos desde o 1 de xullo de 2020):

Resolución Consellería de Sanidade

Se inclúe tamén a Orde da Consellería de Sanidade pola que se establecen determinadas medidas de prevención en determinados concellos da Mariña Lucense, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 (en vigor desde o 6 de xullo de 2020 e durante un período non superior a cinco días naturais desde a súa publicación).

Resolución Consellería de Sanidade

Atendendo á evolución da situación epidemiolóxica, a través da Orde de 10 de xullo, mantense a eficacia das medidas de prevención previstas na Orde do 5 de xullo de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención nos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. (en vigor desde o 11 de xullo de 2020 ás 00:00 horas).

Resolución Consellería de Sanidade