Novo! Descargables informativos con enlaces de interese.

 

Preguntas frecuentes demandantes Covid-19Información sobre como tramitar o anticipo ERTE

 

MEDIDAS DE APOIO PARA AS PERSOAS AFECTADAS POLOS ERTE

PROGRAMA DE ANTICIPOS DA PRESTACIÓN DERIVADA DUN ERTE

A Xunta de Galicia ten unha liña de apoios para que cada persoa traballadora galega que se atope acollida dentro de un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) autorizado e que aínda non cobrara as prestacións por desemprego poida recibir, de forma inmediata, un anticipo de ata dúas mensualidades, cun tope mensual de 750 euros.

O convenio, acordado con determinadas entidades financeiras, permitirá ás persoas traballadoras solicitar un adianto ata que a Administración estatal realice os pagos correspondentes. Os ditos adiantos estarán libres de xuros e de comisións.

Así, poderán ser beneficiarias desta nova liña todas as persoas que presten os seus servizos laborais en Galicia, que estean incluídas nun ERTE aprobado como consecuencia da crise sanitaria provocada polo COVID-19 e que aínda non recibiran as prestacións que lle corresponden.

As contías dos anticipos estableceranse en función das mensualidades que cada persoa traballadora teña pendente de cobro e poderán chegar ata 750 euros ao mes, no caso de persoas con contratos a xornada completa e afección do ERTE ao 100% da xornada. Se o contrato fose a tempo parcial ou o ERTE afectase só a unha parte da xornada, o adianto reducirase proporcionalmente. 

As entidades bancarias adscritas ao programa son, polo de agora*:

  • Abanca
  • Caixa Rural Galega
  • Caixabank
  • Banco Sabadell

(*) No caso de que a túa entidade non figure nesta relación, podes consultarlle directamente.

Amplía a información sobre este programa no seguinte enlace ou consulta as túas dúbidas no teléfono 900 815 600 (de 8:00 horas ás 18:00 horas de luns a venres)

Información sobre como tramitar o anticipo ERTE

 

INFORMACIÓN SOBRE A TRAMITACIÓN DA PRESTACIÓN ECONÓMICA DERIVADA DUN ERTE

Un dos pasos que se teñen que realizar para a autorización e posta en marcha dun ERTE é a da comunicación das prestacións económicas que lles corresponde ás persoas traballadoras que se inclúen nel, sexa por unha suspensión de contrato ou por unha redución de xornada.

Na situación que estamos a vivir pola incidencia do COVID-19 no ámbito laboral, a tramitación destas prestacións tense modificado excepcionalmente para que exista unha única canle de comunicación ante a administración, reducindo así os tempos e os pasos a realizar para recoñecer o pagamento das mesmas.

Na seguinte infografía informámosche dos pasos necesarios para obter a prestación económica derivada dun ERTE iniciado como consecuencia do COVID-19.

Preguntas frecuentes demandantes Covid-19

 

MEDIDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS TRANSFRONTEIRIZAS (Galicia - Norte de Portugal)

Se o teu caso é o de unha persoa traballadora transfronteiriza e estás afectada por un ERTE (en Galicia) ou por un LAY OFF (en Portugal) podes acceder á información e á prestación de desemprego dende o seguinte enlace:

Prestación desemprego EURES-T G-NP

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE

Se queres ampliar información sobre as medidas sobre prestacións e subsidios postos en marcha polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) consulta o seguinte enlace:

Medidas SEPE

 E podes consultar toda a información e recomendacións sobre o COVID-19 na páxina web específica habilitada polo SERGAS en relación co coronavirus:

Portal do SERGAS sobre o coronavirus

 Desde Emprego Galicia iremos actualizando toda esta información á medida que se desenvolva esta situación de emerxencia.

 

 

As oficinas de emprego da Xunta de Galicia estarán abertas ao público a partir do 1 de xullo de 2020.

Solicita a túa cita previa neste enlace.