Aviso importante: Lembra que, a partires do 1 de xaneiro de 2021, volve ser necesaria a renovación da demanda de emprego. Por iso, e para evitar despazamentos e favorecer ás persoas demandantes, tamén a poderás renovar mediante o número persoal de identificación (PIN).

 

Renovación con PIN

 

Descargable informativo con enlaces de interese.

 

Preguntas frecuentes demandantes Covid-19

 

MEDIDAS ORGANIZATIVAS NA REDE DE OFICINA DE EMPREGO

A partir do día 1 de xullo de 2020, a rede de oficinas de emprego da Xunta de Galicia retomou a súa atención ao público, no seu horario habitual, de 9 ás 14 horas.

A reapertura realizouse en plenas condicións de seguridade e saúde despois da implementación da Guía de recomendacións de seguridade e saúde fronte ao coronavirus Covid-19, específica para oficinas de emprego, elaborada polo Instituto de Seguridade e Saúde de Galicia (ISSGA).

Guía de prevención Oficinas de empregoCartel información medidas prevención

Entre outras medidas, instaláronse biombos protectores, dispensadores automáticos de hidroxel na entrada de todas as oficinas e, de xeito obrigatorio, todas as persoas que accedan ás oficinas deberán portar unha máscara.

Ademais, para garantir un adecuado control de aforo e organizar de forma axeitada os servizos á cidadanía, a atención presencial realizarase exclusivamente a través do sistema de cita previa:

Solicitude de cita previa

 

MEDIDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS TRANSFRONTEIRIZAS (Galicia - Norte de Portugal)

Se o teu caso é o de unha persoa traballadora transfronteiriza e estás afectada por un ERTE (en Galicia) ou por un LAY OFF (en Portugal) podes acceder á información e á prestación de desemprego dende o seguinte enlace:

Prestación desemprego EURES-T G-NP

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE

Se queres ampliar información sobre as medidas sobre prestacións e subsidios postos en marcha polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) consulta o seguinte enlace:

Medidas SEPE

 E podes consultar toda a información e recomendacións sobre o COVID-19 na páxina web específica habilitada polo SERGAS en relación co coronavirus:

Portal do SERGAS sobre o coronavirus

 Desde Emprego Galicia iremos actualizando toda esta información á medida que se desenvolva esta situación de emerxencia.

 

 

As oficinas de emprego da Xunta de Galicia están xa abertas ao público dende do 1 de xullo de 2020.

Solicita a túa cita previa neste enlace.