Os trámites para os que está habilitada a cita previa presencial son os seguintes:

  • Inscrición inicial da demanda de emprego, para aquelas persoas que nunca estivesen inscritas como demandantes.
  • Modificación, actualización e outros trámites relativos á túa demanda de emprego, así como obtención de informes.
  • Orientación, asesoramento e acreditación da busca activa de emprego para a solicitude de subsidios ou outras rendas.
  • Formación para emprego (cursos ou obradoiros de emprego).
  • Tramitación de ofertas de emprego ou programas de emprego (tamén dispoñible a través de correo electrónico ou Sede electrónica da Xunta de Galicia, procedemento PR004A).
  • Comunicación de contratos de traballo (só naqueles casos nos que non sexa posible a través da aplicación Contrat@; tamén dispoñible a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, procedemento PR004A).

 

IMPORTANTE! LEMBRA QUE:

 

  • A renovación da demanda de emprego volve ser necesaria a partir do día 1 de xaneiro de 2021. Aínda así, como medida para favorecer ás persoas demandantes e evitar desprazamentos, agora tamén a poderás renovar co número persoal de identificación (PIN).

Renovación con PIN

  • A solicitude e tramitación de prestacións e subdisios por desemprego é competencia do Servicio Público de Emprego Estatal (SEPE), polo que se o que necesitas é solicitar cita para eses trámite deberás facelo a través da súa páxina web (accede desde este enlace).

Por outra banda, seguiremos fomentando a atención telemática e telefónica para que poidas realizar os teus trámites sen desprazamentos nin esperas innecesarias. Se coidas que necesitas asesoramento ou axuda para empregar os nosos servizos telemáticos solicita o novo Programa de Titorización Dixital Básica para persoas demandantes de emprego ao teu persoal orientador ou, telefonicamente, á túa oficina de emprego.

 

Accede aos servizos telemáticos para persoas demandantes de emprego:

Servizos telemáticos para persoas demandantes

 

Accede á solicitude de cita previa e ao vídeo informativo:

 

Se tes algunha dúbida sobre cal é a oficina de emprego que che corresponde, por favor, localiza antes á dita oficina a través do noso Buscador desde o que tamén poderás solicitar cita previa.

Solicitude cita previa

 

 

IMPORTANTE:

Se necesitas axuda na xestión da túa cita previa, podes contactar co número de atención telefónica 012 ou no teléfono 981 900 643.