Os programas duais de emprego para persoas mozas, cofinanciados polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, configúranse como aqueles programas de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co devandito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

Imaxe Garantía xuvenil

As entidades promotoras dos programas serán os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello de Galicia. A Xunta de Galicia subvencionará os gastos derivados da posta en marcha e desenvolvemento do programa e os custos de contratación das persoas mozas participantes.

A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de 12 meses, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

Nos contratos para a formación e aprendizaxe que a entidade promotora subscriba co alumnado participante nos programas de emprego, a Xunta de Galicia subvencionará o 100 % do salario mínimo interprofesional, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. Así mesmo, tamén subvencionará a totalidade das cotas por conta da persoa empregadora correspondentes á seguridade social, fondo de garantía salarial e desemprego previstas para os ditos contratos na súa normativa específica.

Unha vez rematada esta primeira etapa de formación e aprendizaxe, promoverase a inserción laboral de todas as persoas participantes nos programas de emprego que rematen con resultado de apto/a, mediante unha futura convocatoria de incentivos á contratación por conta allea durante un mínimo de 6 meses a xornada completa en empresas para ocupacións do ámbito das materias impartidas e no ámbito territorial de Galicia.

Requisitos para poder participar:

 

  • Ter dezaoito ou máis anos de idade.
  • Estar inscrito/a e en situación de persoas beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e ademais deberán manter o cumprimento dos requisitos para ser considerada persoa beneficiaria con carácter previo a participar nun programa dual de emprego.
  • Poder realizar un contrato para a formación, co obxecto de estar vinculado ao programa mediante un contrato de tales características.
  • No caso de que a formación vaia dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, deben cumprir cos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os ditos certificados (formación académica ou no seu defecto as competencias clave que correspondan).

 

Forma de selección:

 

A selección do alumnado, así como a do persoal directivo, docente e administrativo de apoio participante en cada programa dual de emprego, será realizada pola entidade promotora previa presentación dunha oferta de emprego específica na oficina de emprego que corrresponda ao ámbito territorial do programa.

Se és unha persoa inscrita no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e estás interesada en participar nun destes programas, non dubides en consultar directamente á entidade promotora ou á túa oficina de emprego.

Lembra, ademais, que a solicitude de participación en programas duais de emprego pode realizarse de xeito telemático a través da Oficina Virtual de Emprego Galicia:

 

LISTAXE DE PROGRAMAS DUAIS DE EMPREGO PARA PERSOAS MOZAS CONCEDIDOS 2020 - 2021

 

PROVINCIA DA CORUÑA

ENTIDADE LOCAL PROMOTORA CONCELLOS ASOCIADOS
(se é o caso)
NOME PROGRAMA DUAL DE EMPREGO CERTIFICADO/S PROFESIONALIDADE; ESPECIALIDADE/S NIVEL CERTIFICADO/S
Concello de Fene Ares; Cabanas; Neda; Mugardos Inicia V  FMEC0108 Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial 2
Concello de Negreira Baña (A); Val Do Dubra; Santa Comba Mocidade 2020 EOCB0108 Fábricas de albanelería   2
AGAO0108 Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería  1
Concello de Rianxo   Carnero Valenzuela II  IFCD0110 Confección e publicación de páxinas web 2
Concello de Ribeira   O Pote II  HOTR0108 Operacións básicas de cociña 1
Concello de Rois Dodro; Padrón Xuventude en Acción 2020 (Dodro-Padrón-Rois)  IFCD0110 Confección e publicación de páxinas web 2
Concello de Santiago de Compostela   Santiago Sustentable II IFCD0210 Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web  3
 IMSV0209 Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos 3
Concello de Vimianzo Camariñas; Muxía Xuventude polo Emprego  IFCD0210 Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web 3
MAMS0108 Instalación de elementos de carpintería  2

PROVINCIA DE LUGO

ENTIDADE LOCAL PROMOTORA CONCELLOS ASOCIADOS
(se é o caso)
NOME PROGRAMA DUAL DE EMPREGO CERTIFICADO/S PROFESIONALIDADE; ESPECIALIDADE/S NIVEL CERTIFICADO/S
Concello de Folgoso do Courel Quiroga; Ribas de Sil Montañas do Courel AGAR0309 Actividades auxiliares de conservación e mellora de montes 1
Concello de Ribadeo Barreiros Vencellos da Memoria  IMST0109 Produción fotográfica 3
 ADGG0508 Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos 1

PROVINCIA DE OURENSE

ENTIDADE LOCAL PROMOTORA CONCELLOS ASOCIADOS
(se é o caso)
NOME PROGRAMA DUAL DE EMPREGO CERTIFICADO/S PROFESIONALIDADE; ESPECIALIDADE/S NIVEL CERTIFICADO/S
Mancomunidade Concellos Comarca de Ourense   Manco Xove IV AGAR0208 Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas  2
 SSC0208 Atención socio sanitaria a persoas en institucións sociais 2
Mancomunidade Concellos Comarca de Verín   Mocidade da Mancomunidade de Verín V AGAF0108 Fruticultura  2
 SSC0208 Atención socio sanitaria a persoas en institucións sociais 2

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

ENTIDADE LOCAL PROMOTORA CONCELLOS ASOCIADOS
(se é o caso)
NOME PROGRAMA DUAL DE EMPREGO CERTIFICADO/S PROFESIONALIDADE; ESPECIALIDADE/S NIVEL CERTIFICADO/S
Concello de Cambados   Cambados Emprendedor II SSCB0209/SSCB0110 Dinamización actividade de tempo libre e dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais 2
SEAG0209/SEAG0108 Limpeza espazos abertos e instalacións industriais e xestión de residuos 1
Concello de Moraña Valga Xóvenes (Moraña - Valga) AGAR0309/AGAR0209 Forestal  1
 EOCB0109/EOCB0108 Albanelería 1
Concello de Mos   Mocidade no Camiño  ARGG0110/ARGN0110 Deseño de produtos gráficos e multimedia 3
AGAR0309/AGAR0208 Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes  1
Concello de Redondela   Redondela TIC MAMS0108/MAMS0109 Carpintería e vernizado  2
 IFCD0110/ARGN0110 Deseño web e multimedia 2
Concello de Vilagarcía de Arousa   Labora Xove 2020 AFDP0209/AFDP0109/MAPN0212 Socorrismo acuático en espazos abertos e instalacións/goberno embarcacións salvamento  2
 AGAO0208/AGAR0108 Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes/aproveitamentos forestais 2
Concello de Vilanova de Arousa   Obradoiro de Hostalaría: Mar de Santiago  HOTR0408 Cociña; HOTR0608/HOTR0508 Servizos de restaurante, bar e cafetería 2
Mancomunidade Área Intermunicipal de Vigo   MAIV Garantía Xuvenil 2020 ARGG0110/COMM0112 Deseño gráfico e márketing dixital 3
Mancomunidade Concellos do Salnés   Promoción Turística do Salnés HOTI0108 Promoción turística local e información ao visitante 3
 COMM0112 Xestión de márketing e comunicación 3

DATA LÍMITE INDICATIVA PARA O INICIO DOS PROGRAMAS: 15 DE SETEMBRO

Acceso á convocatoria

Convocatoria Programas duais de emprego persoas mozas