O novo programa de formación Sénior dixital ten como obxectivo poñer en marcha un plan de recualificación profesional que favoreza a incorporación ao mercado laboral das persoas que, pola súa idade, teñen máis dificultades para atopar un posto de traballo.

A primeira convocatoria deste programa, froito do Acordos de Diálogo Social entre a Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e os sindicatos CCOO e UGT, conta cun orzamento de 500.000 euros e está orientado á impartición de cursos de formación de 70 horas de duración distribuídas ao longo de tres semanas e cun número máximo de 10 alumnos por edición.

As axudas desta primeira convocatoria están dirixidas a 11 empresas con experiencia no ámbito da formación e favorecerán a un total de 530 persoas desempregadas de longa duración maiores de 45 anos.

Tendo en conta que o manexo das tecnoloxías dixitais é hoxe en día indispensable para acceder ao mercado laboral, o programa Sénior dixital abordará temáticas tales como coñecemento avanzado de ferramentas open office, de xestión documental compartida na nube, de almacenaxe de información ou para o envío de grandes volumes de datos, e de traballo compartido na nube ou en streaming.

Requisitos das persoas participantes na formación

Cada persoa participante no Programa Senior Dixital deberá reunión os seguintes requisitos ao comezo da formación:

  • Figurar inscrita como demandante de emprego non ocupada.
  • Acreditar un período de inscrición como persoa desempregada de, polo menos, doce meses durante os dezaoito meses anteriores ao inicio da actividade formativa.
  • Ter feitos os 45 anos.
  • Preferentemente, ter superado con éxito os estudos universitarios ou de formación profesional, media ou superior.

Listaxe de empresas e forma de selección

Se reúnes os anteriores requisitos e tes interese en participar neste programa, aquí dispós da información de contacto das 11 entidades beneficiarias para formalizar a túa inscrición.

Non o dubides! Consulta a data límite de selección de cada entidade:

ENTIDADE Nº DE PRAZAS DATA LÍMITE SELECCIÓN CORREO ELECTRÓNICO TELÉFONO WEB
MÉTODO ESTUDIOS CONSULTORES, S.L.U. 50 4/11/2020 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 986 220 313 enlace
SIGLO XXI CONSULTORES DE FORMACIÓN, S.L. 50 30/10/2020 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 881 962 182 enlace
ACADEMIA TRINIDAD, S.L. 50 29/10/2020

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

654 825 395 enlace
LIDERA KNOWLEDGE, S.L. 50

30/10/2020

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 698 179 765 enlace
ACADEMIA A MARIÑA, S.L. 50 27, 28 e 29/10/2020 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 982 585 098 enlace
SMARTMIND, S.L. 40 26/10/2020 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 986 112 628 enlace
NOAINNOVA, S.L. 40 11/11/2020 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 982 804 524 enlace
EL SIETE FORMACIÓN, S.L. 50 16/11/2020 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 986 393 034 enlace
NT FOR LEARNING, S.L. 50 30/10/2020 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 900 107 758 enlace
CONSULTORA MONTE ALTO, S.L.U. 50 4/11/2020 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 900 812 902 enlace
VALADRIN, S.L. 50 2/11/2020 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 988 619 335 enlace

 

Infografía informativa

Na seguinte infografía tes toda a información relativa a este programa de formación.

 Infografía Senior Dixital 2020

 

Convocatoria Senior Dixital