Se es demandante de emprego en situación de alta, terás ademais que renovar a túa inscrición como demandante de emprego.

Para isto, con carácter periódico nas datas indicadas no DARDE (con carácter xeral cada 3 meses), debes renovar a túa inscrición como demandante de emprego. Esta renovación permite que desde o SPEG podamos axudarche na túa busca activa de emprego, poñendo á tua disposición os distintos servizos que poden facilitar a túa inserción laboral.

Como podo renovar a miña inscrición?

A dita renovación a poderás realizar por varias vías:

Presencialmente na oficina de emprego:

Buscador de centros e oficinas

A través da nosa Oficina Virtual:

Oficina Virtual do SPEG

Utilizando a aplicación para dispositivos móbiles:

Aplicación Mobem

Ou mediante unha chamada ao 012 (981 900 643 se chamas desde fóra de Galicia) ou a través deste portal web co número de identificación persoal (PIN):

Renovación con PIN 

Que sucede se non renovo a miña demanda de emprego?

Se percibes prestacións por desemprego a non renovación na data indicada pode ter serias consecuencias, xa que ao non renovala pasarás automaticamente a situación de baixa, e esta é unha das causas polas que podes recibir unha sanción, consistente no cesamento do pagamento da prestación.

Por favor, mantén moita atención a este trámite.

Como podo acreditar a miña condición de demandante de emprego?

A acreditación da condición de demandante de emprego se obtén mediante o DARDE.

Sempre que obteñas un novo DARDE é importante que verifiques as datas de renovación, pois estas poden cambiar como consecuencia dun período de baixa ou de suspensión pola realización dun curso, etc.

E se volvo a estar en situación de desemprego, podo recuperar a miña demanda de emprego?

No caso de que volvas á situación de desemprego por finalización da colocación (ou manifestación de colocación) hai menos de cento oitenta días, podes "recuperar" a túa demanda de emprego a través da oficina virtual do SPEG.

Se estás nesa situación, só tes que acceder ao seguinte enlace e seguir os pasos que se indican:

Recuperación da alta a través da oficina virtual

Por último, é preciso tamén aclarar os estados ou situacións nas que pode atoparse unha demanda de emprego:

  • Situación de alta. Nesta situación a demanda de emprego está vixente e poderás recibir calquera dos servizos que xestiona o Servizo Público de Emprego de Galicia e, no seu caso, participar nos procesos de intermediación laboral (acceso a ofertas de emprego).

  • Situación de suspensión. Nesta situación a demanda se mantén vixente e non existe a obriga de renovala mentras se manteña a causa da suspensión (entre outras, incapacidade temporal, maternidade ou paternidade, obrigas familiares, asistencia a cursos de formación para o emprego, ...).

  • Situación de baixa. E nesta situación a demanda de emprego xa non está vixente, polo que perdes automaticamente a condición de persoa demandante. Nesta situación, lembra tamén que poderás recuperar a situación de alta a través da oficina virtual, sempre e cando non pasasen máis de cento oitenta días e a baixa fora por colocación ou manifestación de colocación. Podes consultar os pasos para recuperar a túa demanda neste enlace se este é o teu caso.

Utiliza as distintas canles que o SPEG pon a túa disposición para manter actualizada a túa demanda de emprego. É moi importante!