A xestión da pandemia do coronavirus COVID-19 está a confirmar algunhas evidencias que ata este momento só eran ideas máis ou menos aceptadas pola sociedade.
A tecnoloxía e a dixitalización son e serán pezas clave para afrontar calquera desafío económico, sanitario, ecolóxico ou social e, por suposto, esta nova realidade ten un impacto fundamental no que se refire ao mercado laboral.
Neste contexto, Emprego Galicia ten detectado que moitas persoas inscritas como demandantes de emprego carecen das ferramentas básicas para adaptarse a este novo escenario dixital, tanto no que se refire ás súas relacións coa administración (a crecente administración electrónica) como no que corresponde á busca activa de emprego.
É por iso polo que a Xunta de Galicia pon en marcha, xunto con outras iniciativas de dixitalización no ámbito do emprego, un novo programa de Titorización Dixital para persoas inscritas, cuxo obxectivo xeral é orientar ás persoas demandantes no uso das novas tecnoloxías como ferramenta para mellorar a súa empregabilidade e o seu proceso de busca de emprego.
Tendo en conta que se trata dunha formación de carácter básico e que as persoas destinatarias do programa carecen de coñecementos dixitais previos, establécense dous niveis progresivos de actuación, en función dos obxectivos específicos que se establezan consensuadamente entre o persoal de orientación e cada persoa titorizada:
Nivel I: módulo de alfabetización dixital para o desenvolvemento persoal e a mellora da empregabilidade.
Nivel II: módulo de formación básica para a busca de emprego a través de internet.
Como solicitar o programa
Se estás nun itinerario personalizado de inserción ou tes pendente algunha cita de orientación laboral, contacta coa túa persoa orientadora para solicitarlle os servizos do programa.
En caso contrario, podes solicitalo directamente na túa oficina de emprego e, en aproximadamente 2-3 semanas, serás citado por unha persoa orientadora.
Buscador de oficinas de emprego
Guías de titorización dixital
Descarga nos seguintes enlaces as guías de titorización en función do teu interese:
Nivel I
Nivel II
Acceso aos vídeos informativos na canle de Youtube de Emprego Galicia