Neste apartado, se teñen recompilados todos os materiais informativos (folletos, guías didácticas e vídeos) que che poidan facilitar o acceso aos servizos e contidos de Emprego Galicia e a outros en relación coa busca activa de emprego.

Como podo solicitar a cita previa para ser atendido na miña oficina de emprego?

Se desexas solicitar cita previa para ser atendido na túa oficina de emprego, a continuación, tes acceso ao folleto informativo explicativo cos pasos correspondentes:

Folleto informativo cita previa

Ademais, no seguinte vídeo podes ver tamén os pasos para solicitar unha cita coa túa oficina de emprego:

Como renovar a miña demanda de emprego?

Agora a renovación da túa demanda de emprego a podes realizar por distintas canles. Para coñecer en detalle como facelo, no seguinte folleto informativo tes os pasos para renovala polas distintas posibilidades que pon a túa disposición Emprego Galicia:

Folleto informativo renovación demanda

Ademais, no seguinte vídeo se explican tamén os pasos para realizar a renovación da demanda de emprego mediante o Número Persoal de Identificación (PIN):

Como reactivar a miña demanda de emprego na oficina virtual de emprego?

Se estiveches ata o de agora coa demanda de emprego en baixa, che será posible reactivala novamente a través da Oficina Virtual de Emprego, seguindo as instrucións que podes atopar no seguinte folleto informativo:

Folleto informativo reactivación demanda

Tamén co seguinte vídeo podes seguir os pasos para realizar a reactivación da túa demanda de emprego dun xeito guiado e moi sinxelo:

Como podo solicitar ofertas de emprego a través da oficina virtual de emprego?

Para poder participar ou incorporar a túa candidatura a unha oferta de emprego porque pensas que tes o perfil ou porque cumpres os requisitos para optar a ela, é moi doado a través da oficina virtual de emprego. A continuación tes toda a información de como facelo.

Folleto informativo solicitar ofertas de emprego

Igualmente, tes a continuación un vídeo no que se explican detalladamente los pasos para presentar a túa candidatura a calquera oferta de emprego que resulte do teu interese:

Como solicitar ou anular formación na oficina virtual de emprego?

No caso de que desexes solicitar participar nalgún curso promovido por Emprego Galicia ou anular algún dos solicitados anteriormente, no seguinte folleto poderás seguir os pasos para facelo.

Folleto informativo solicitude ou renuncia formación

Neste caso, dispós do seguinte vídeo para ver os pasos que requires para solicitar un curso promovido por Emprego Galicia desde a oficina virtual de emprego. Nel dáse tamén información sobre como solicitar o servizo de orientación laboral para axudarche no teu proceso de busca de emprego:

Podo solicitar informes e xestionar os meus datos na oficina virtual de emprego?

Si, por suposto. A oficina virtual de emprego ofrece, entre outras funcionalidades, a posibilidade de solicitar algúns dos informes personalizados que Emprego Galicia che pode emitir para informar da túa situación como demandante de emprego. No seguinte folleto informativo che damos as pautas de como facelo e cales podes solicitar.

Folleto informativo solicitude de informes

Ademais de ter información sobre a xeración de informes, no seguinte vídeo podes ver tamén como consultar e completar os teus datos persoais e laborais a través da oficina virtual de emprego.

Se aínda non teño acceso á oficina virtual de emprego, como podo facer?

Os pasos para ter acceso á oficina virtual de emprego son moi sinxelos. Se xa tes comunicado o teu enderezo electrónico a túa oficina de emprego, segue as indicacións que se reflicten no seguinte vídeo:

Cales son as principais funcionalidades da aplicación para dispositivos móbiles MOBEM?

A aplicación MOBEM é, xunto coa oficina virtual de emprego, outra das canles que Emprego Galicia pon a túa disposición para xestionar a túa demanda de emprego. Para iso, a aplicación para dispositivos móbiles MOBEM che permitirá acceder a multiples servizos para xestionar a túa demanda de emprego e recibir notificacións de interese. No seguinte folleto informativo tes máis información:

Folleto informativo funcionalidades MOBEM

Tamén tes no seguinte vídeo información sobre os pasos que tes que dar para descargar a aplicación no teu dispositivo móbil:

Cales son os servizos ao emprego en Europa aos que podo acceder?

Para facilitarche a busca de emprego no ámbito da Unión Europea, Emprego Galicia pon a túa disposición diversos servizos da Rede Eures que che axudarán nesa vía de proxección profesional. No seguinte vídeo tes toda a información sobre os servizos que che ofrece tanto a rede EURES como a rede EURES transfronteirizo:

Tamén tes a túa disposición no seguinte vídeo un percorrido sobre os pasos a dar para acceder á plataforma EURES, presentando tamén os múltiples servizos que achega para a túa busca de emprego en Europa.

Cales son as competencias dixitais básicas para a busca activa de emprego?

Hoxe en día, a través da Internet, é posible xestionar, consultar e buscar activamente emprego. Por iso, Emprego Galicia pon a túa disposición a seguinte guía informativa con ampla información sobre os principais servizos telemáticos que pon a túa disposición para facilitarche esa busca activa, estés onde estés.

Imaxe guía 2 titorización dixital

Debes ter en conta tamén que a maioría dos servizos telemáticos están asociados a un enderezo electrónico. Para coñecer a importancia e os pasos de como crear un enderezo electrónico, a continuación tes acceso a unha guía que che orienta paso a paso.

Imaxe guía 1 titorización dixital

E, por último, dentro das competencias dixitais vinculadas á busca activa de emprego, na seguinte guía informativa che presentamos as principais claves sobre como buscar emprego pola Internet e sobre como xestionar a túa "pegada dixital" para que facilite e potencie a túa presenza na Internet.

Imaxe guía 3 titorización dixital

Pódome formar nas competencias clave?

Por suposto. Para que o poidas facer, ao teu ritmo e comodamente desde casa, tes a túa disposición no Campus Virtual de Emprego.

Esta formación en liña, con oito cursos relacionados cos niveis 2 e 3 de cada competencia clave, é unha canle de apoio e axuda ideal para procurar a mellor preparación posible de cara ás probas libres. Aprovéitaos!

Seranche de moita utilidade de cara a superar as probas libres de competencias clave que convoca anualmente a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Ten en conta que a realización desta formación non conduce á obtención da competencia clave correspondente! Para iso terás que superar o exame oficial da convocatoria correspondente.

No seguinte enlace tes os pasos que tes que dar para acceder a estes contidos.

Folleto autoformación competencias clave

Como podo mellorar as miñas competencias brandas para desenvolver o talento que faciliten a miña busca de emprego?

Hai unha serie de competencias (entendidas como a túa capacidad persoal para aplicar o teu coñecemento e habilidades na busca de emprego) que se utilizan en diferentes momentos da busca activa de emprego. De ahí a súa importancia.

Por iso, é importante melloralas e potencialas, para que a busca de emprego sexa máis efectiva e con mellores resultados. A continuación, podes consultar a Guía de habilidades promovida pola Fundación pública galega da Formación para o Traballo, que che pode resultar de especial interese.

Guía de habilidades e competencias brandas

Última actualizacion da información publicada: febreiro de 2024