Se túa idea de negocio ten contidos innovadores ou tecnolóxicos, poderías beneficiarte de diversas axudas se se califica como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica o IEBT. Esta cualificación, que corresponde á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pode axudarche a conseguir un apoio extra, dado o especial interese deste tipo de iniciativas.

A través deste programa de apoio a Consellería busca fomentar este espírito innovador emprendedor, principalmente no ámbito do persoal investigador e as persoas tituladas universitarias, nas distintas áreas de coñecemento (científico, técnico ou nas humanidades).

As axudas se centran en catro liñas diferentes:

    1. A primeira está centrada na creación directa de emprego estable.

    2. A segunda está destinada a apoiar o inicio e posta en marcha da actividade que requira a IEBT.

    3. A terceira liña de axuda céntrase no apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

    4. E a cuarta está dirixida ao apoio á función xerencial.

Ademais, as persoas emprendedoras solicitantes contan co especial apoio das universidades públicas galegas, que dispoñen de persoal especializado para poder asesorarche na elaboración do plan de empresa e no lanzamento da actividade innovadora, contando cunha rede específica para asegurar as mellores perspectivas de éxito e consolidación.

 Se queres saber máis sobre como é o proceso para obter a cualificación dunha iniciativa como IEBT, accede no seguinte enlace á infografía informativa do mesmo.

Infografía sobre a cualificación como IEBT

Tamén tes neste enlace a ficha do procedemento na Sede Electrónica da Xunta de Galicia e obtén toda a información actualizada:

Cualificación da IEBT

Se o que queres é solicitar unha axuda para unha IEBT, accede neste enlace á Sede Electrónica, que dispón de toda a información:

Convocatorias de axudas ás IEBT

"As IEBT permiten consolidar iniciativas emprendedoras de alto valor engadido e cun nivel tecnolóxico moi elevado, apoiándose no coñecemento e no valor da experimentación"

 

 

 

A economía social a través das cooperativas, sociedades laborais e os centros especiais de emprego supoñen un xeito distinto de desenvolver proxectos empresariais, máis apegados nun conxunto de valores máis próximos a fins sociais, tendo demostrado un excelente comportamento en canto a resultados e sustentabilidade.

Nas dúas publicacións seguintes poderás coñecer en maior detalle os principais aspectos que fan das cooperativas e das sociedades laborais unhas fórmulas de especial interese para darlle forma a túa idea de negocio:

Acceso á publicación Coñece a fórmula cooperativa (en galego)   Acceso á publicación Coñece as sociedades laborais (en galego) 

Dende a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración apoiamos a este tipo de iniciativas nos que a propiedade está en mans do seu propio persoal, as persoas socias traballadoras, procurando un emprego estable e de calidade a través de diversos programas de axudas para facilitar a súa posta en marcha e consolidación. 

Froito deste apoio xurde a Estratexia galega de Economía Social que podes atopar no seguinte enlace:

Acceso á Estratexia de economía social (en galego)

Para poñer en marcha a túa iniciativa de economía social, para ter apoio ou asesoramento, para estar ao día das últimas novas neste sector, coñecer outras experiencias e compartir as túas ou para potenciar a creación de rede, accede a Rede Eusumo:

Portal web da Rede Eusumo

Dentro desta Rede Eusumo tamén se elaboran contidos e documentación de apoio para coñecer e axudar a valorar o papel das cooperativas, como o que podes consultar no seguinte enlace, no que se fai referencia á figura da cooperativa como fórmula colaborativa de emprendimiento:

Acceso á publicación A cooperativa. Unha empresa 10 (en galego)

Queremos tamén achegarte o seguinte vídeo para que poidas coñecer máis de preto esta Rede:

 

Por último, no seguinte enlace poderás coñecer o Catálogo galego de entidades de economía social no que poderás consultar as entidades que actualmente forman parte deste sector tan esencial para a economía de Galicia:

Catálogo de economía social

"A economía social é unha fórmula máis interesante para potenciar a colaboración e a xeración de sinerxias na posta en marcha dun proxecto empresarial"

 

 

 

 

Dentro das competencias que lle son propias á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en materia de emprego se atopan a xestión e seguimento dos programas e accións de apoio, asesoramento, fomento e mantemento da actividade das persoas autónomas, e daqueles que se lle asignen dentro da súa área funcional e tamén as vinculadas á programación, coordinación, execución, seguimento, propostas e avaliación, control e xestión dos programas e instrumentos específicos que se definan no apoio ao emprendemento.

Sendo así, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pon a disposición das persoas que desexan promover a súa iniciativa emprededora diversas ferramentas, focalizadas principalmente a través de dúas canles:

  • a Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego e
  • a Oficina virtual do emprego autónomo

Ámbalas dúas son instrumentos para unificar e potenciar a atención ás persoas emprendedoras e ás persoas traballadoras autónomas que desexan desenvolver a súa actividade en Galicia, incidindo nos factores que se consideran esenciais para a súa posta en marcha e facilitando o seu acceso e apoio.

Deste xeito, a Consellería pon a súa disposición estes espazos integrais de servizos aos que poderán dirixirse desde calquera lugar con acceso a Internet e en calquera horario, para consultar as súas dúbidas, solicitar apoio, información ou acceder a servizos especificamente deseñados para elas, evitando perdas de tempo en desprazamentos ou procuras e dedicándose a crear valor na súa actividade.

Ademais, a Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego contan cunha rede de centros físicos que se atopan espallados por toda a xeografía de Galicia, contando con persoal técnico especializado que, de xeito gratuíto, están para axudar a todas as persoas que requiran de asistencia e atención persoal para promover, deseñar, desenvolver ou potenciar o seu proxecto profesional.

A continuación tes o acceso ás dúas plataformas para máis información.

Rede de Polos de EmprendementoOficina virtual do emprego autónomo

 

 

O emprego autónomo ten unha extraordinaria importancia en Galicia e, como consecuencia desta, dende a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración queremos apoiar ás persoas que se deciden por esta vía como forma de desenvolvemento profesional, axudándolles tanto na posta en marcha da súa actividade como na súa consolidación e crecemento.

Este apoio desenvolveuse ata o ano 2020 a través da Estratexia Autónomo 2020 a que chegou ao seu fin coincidindo coa aparición da pandemia e co posterior período de grande incerteza, achegando un escenario económico e laboral moi inestable, con cambios normativos e novas restricións case de xeito diario.

Unha vez superados eses momentos máis complicados, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración abordou, xunto coas asociacións máis representativas do traballo por conta propia presentes na Mesa do Emprego Autónomo de Galicia, a Estratexia Impulso Autónomo Horizonte 27 na que se focalizan as canles e propostas para aumentar as competencias emprendedoras, impulsar a creación de empresas e iniciativas de traballo por conta propia sustentables e fomentar un mercado de traballo inclusivo.

Así, nesta Estratexia Impulso Autónomo están definidas as actuacións e programas para continuar a potenciar a senda emprendida para consolidar a Galicia como o mellor contorno para promover iniciativas de emprego autónomo de calidade, competitivas, seguras e duradeiras, comprometendo un nivel de investimentos e de instrumentos acordes co papel que este tipo de emprego ten na súa economía e sociedade.

Podes consultar a Estratexia Impulso Autónomo Horizonte 27 no seguinte enlace:

Estratexia Impulso Autónomo (en galego)

Deste xeito, o apoio da Xunta de Galicia ao emprego autónomo maniféstase moi amplo, dende axudas e incentivos convocados periodicamente para a promoción e actividades iniciais ou de arranque, para facer fronte ás súas cotizacións sociais ou para fomentar a contratación de persoal, ata axudas para a súa mellora competitiva, mediante formación continua e outras ferramentas especialmente deseñadas para este colectivo e para o seu desenvolvemento e crecemento para acadar un emprego autónomo de máxima calidade.

Para dar visibilidade e accesibilidade a esta estratexia e ás demais iniciativas e contidos de valor para as persoas traballadoras autónomas, podes acceder ao portal web da Oficina virtual do emprego autónomo, espacio centrado única y exclusivamente en este colectivo:

Oficina virtual do autónomo

 

"A Xunta de Galicia comprométese co papel do emprego autónomo na nosa economía real e cotiá, axudando á creación deste tipo de riqueza e benestar social e á súa consolidación como un emprego de máxima calidade"

 

 

 

Para calquera consulta, comentario, dúbida ou suxestión sobre os servizos que Emprego Galicia pon a disposición das persoas emprendedoras e autónomas, podes contactar a través dun correo electrónico ao enderzo emprego@xunta.gal

Ademais, dende este enlace podes atopar a oficina de emprego co obxecto de resolver calquera dúbida que teña a túa idea ou negocio:

Buscador de centros