O emprego autónomo ten unha extraordinaria importancia en Galicia e, como consecuencia desta, dende a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade queremos apoiar ás persoas que se deciden por esta vía como forma de desenvolvemento profesional, axudándolles tanto na posta en marcha da súa actividade como na súa consolidación e crecemento.

 

Dentro da estratexia "Emprego Autónomo 2020se definen diferentes actuacións e contidos que podes consultar polo miudo na oficina virtual do emprego autónomo:

Oficina virtual do autónomo

 A continuación che deixamos un vídeo coas principais características e funcionalidades da Oficina virtual do emprego autónomo:

Deste xeito, o apoio da Xunta de Galicia ao emprego autónomo é moi amplo, dende axudas e incentivos convocados periodicamente para a promoción e actividades iniciais ou de arranque, para facer fronte ás súas cotizacións sociais ou para fomentar a contratación de persoal, ata axudas para a súa mellora competitiva, mediante formación continua e outras ferramentas especialmente deseñadas para este colectivo.

Consulta as axudas vixentes para a promoción do emprego autónomo e o apoio á contratación no buscador de axudas do portal web da Oficina virtual do emprego autónomo:

Oficina virtual do autónomo

 

Por último, invitámosche a visitar a páxina web do IGAPE específica para o emprego autónomo para coñecer outros servizos e outros contidos que consideramos ideais para apoiarte:

Portal web do emprego autónomo do IGAPE 

"A Xunta de Galicia comprométese co papel do emprego autónomo na nosa economía real e cotiá, axudando á creación deste tipo de riqueza e benestar social"