OFICINA VIRTUAL DE EMPREGO GALICIA
Se és unha persoa inscrita como demandante na comunidade autónoma de Galicia, podes realizar, sen necesidade de acudir á túa oficina de emprego, unha serie de xestións relacionadas coa túa demanda de emprego a través da nosa Oficina Virtual.
Para acceder á Oficina Virtual de Emprego Galicia tes que ter a túa demanda de emprego en situación de alta (salvo nos casos de reactivación da demanda, como se explica máis adiante) e contar cun usuario e contrasinal:
- Usuario: Correo electronico ou DNI/NIE precedido dunha letra (exemplo: D00000000X)
- Contrasinal: será o facilitado pola túa oficina de emprego no momento de inscribir ou clasificar a túa demanda de emprego. Se non o tes ou o esqueciches, podes xerar ou resetear un novo contrasinal a través do correo electrónico asociado á dita demanda.
Enlace para recuperar o contrasinal:
A través da oficina virtual accederás aos seguintes servizos:
Aviso legal relativo ao tratamento de datos de carácter persoal: