Emprego Galicia ten entre as súas prioridades a intermediación laboral coa finalidade de poñer en contacto ao empresariado coas persoas traballadoras para cubrir as necesidades de man de obra e traballo respectivamente.

Emprego Galicia dispón da máis extensa e actualizada base de datos de persoas demandantes de emprego da nosa Comunidade, así como dunha ampla rede de oficinas e profesionais que poden axudar ás empresas na xestión das súas ofertas de traballo.

Ademais conta coa posibilidade de darlle a máxima difusión ás ofertas de emprego a través do portal web de emprego da Xunta de Galicia e a través dos portais Empléate, a nivel estatal, e Eures, a nivel europeo.

Co máximo nivel de involucración e profesionalidade, a partires do diagnóstico personalizado, achégase información clara e precisa ao empresariado co ánimo de ofrecer un servizo público adecuado ás necesidades actuais do mercado laboral.

 

Como buscar a oficina de emprego de referencia?

No seguinte botón pódese acceder ao buscador de oficinas de emprego.

Indicando o código postal e o concello obtéñense os datos da oficina de emprego de referencia (enderezo, teléfono e correo electrónico de contacto).

Buscador de oficinas de emprego

Como se tramita unha oferta de emprego?

Unha oferta de emprego pódese tramitar por dúas vías:

  • A través da Oficina Virtual de empresas, accedendo coas mesmas credenciais que se utilice na aplicación Contrat@, cubrindo os campos definidos (descrición do posto de traballo, titulación e experiencia requiridas, ...).

Acceso á oficina virtual

No seguinte vídeo pódese ver con maior detalle o proceso de creación da oferta de emprego a través da Oficina Virtual.

 

  • Ou comprimentando o modelo de oferta de emprego que se presenta a continuación e enviándoa a través da sede electrónica (Procedemento PR004A) da Xunta de Galicia, por correo electrónico á oficina de emprego de referencia ou presencialmente na oficina de emprego (importante: para esta última opción é recomendable solicitar cita previa).

Acceso á sede electrónicaSolicitude de
cita previa

modelo de oferta pódese descargar desde o seguinte enlace:

Modelo de oferta de emprego

Para as Empresas de Traballo Temporal (ETT) o modelo de oferta pódese descargar desde o seguinte enlace:

Modelo de oferta de emprego ETT

Como verificar que se pode realizar o contrato de prácticas, formación ou aprendizaxe?

No caso de que a túa empresa vaia incorporar a unha ou varias persoas mediante un contrato en prácticas ou mediante un contrato para a formación e a aprendizaxe, podes solicitar información sobre os contratos en prácticas e/ou formación que aquelas tiveran anteriormente cos formularios dos seguintes enlaces.

Consentimento contrato en prácticasConsentimento contrato formación

Os ditos formularios de consentemento, unha vez cubertos, deberanse presentar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento PR004A que tes accesible a continuación, dirixido á Xefatura Territorial que corresponda (prefererentemente a que corresponda polo emprazamento da sede da empresa ou pola localización do posto de traballo se a empresa é de fóra de Galicia), indicando a oficina de emprego destinataria e achegando a copia do DNI ou NIE da persoa a contratar.

Tramitación sede electrónica

Trala súa comprobación, recibirás a través da plataforma Notifica a comunicación electrónica correspondente coa información solicitada.

Como definir os requisitos dunha oferta de emprego?

O modelo de oferta de emprego está deseñado xa especialmente para axudar a definir o posto de traballo correspondente e para optimizar a busca de persoas candidatas.

Deben terse en conta aqueles aspectos obxectivos esenciais (formación, carnés profesionais, idiomas, ...) que faciliten a busca das persoas potencialmente candidatas e o posterior proceso de selección.

En todo caso, se xurden dúbidas sobre cales deben ser eses requisitos, nas oficinas de emprego disponse de persoal especializado para prestar o apoio necesario para definilos segundo as necesidades concretas.

Máxima difusión da oferta de emprego

Unha vez definida e pechada a oferta de emprego, procederase a publicar neste portal de Emprego Galicia, dentro do apartado de ofertas en difusión, no portal de emprego estatal Empléate do SEPE e no portal de emprego Eures da Unión Europea.

  Emprego Galicia   Portal Empleate    Portal Eures

Preselección de persoas candidatas e envío dos currículos

Unha vez recibida a oferta de emprego, o persoal técnico da oficina de emprego realizará a sondaxe para atopar ás persoas que mellor se axusten ao perfil solicitado.

Este comprobará tamén os currículos das persoas que se inscriban voluntariamente á oferta a través do portal de emprego, enviando á empresa só aquelas candidaturas que cumpran cos requisitos establecidos.

Entrevista de selección

Para continuar co proceso de selección, se así se precisa, o persoal da oficina de emprego pode encargarse de xestionar a convocatoria das persoas candidatas para que acudan á entrevista segundo as indicacións da empresa ofertante.

Notificación de persoas candidatas e peche da oferta

E por último, unha vez rematado o proceso de selección, é importante que se comunique á oficina de emprego o resultado final para dar por pechada a xestión do proceso da oferta de emprego. 

No seguinte enlace, explícase todo este proceso dun xeito máis visual e gráfico coa guía elaborada a tal efecto:

Folleto informativo