Para acceder aos servizos que ofrece o SPEG tamén podes utilizar a Oficina virtual ou a aplicación para dispositivos móbiles Mobem coa que contamos.

Para comezar a utilizar calquera das dúas plataformas, ademais de estar dado de alta como demandante de emprego, deberás solicitar a alta na túa Oficina de Emprego cando fagas a inscrición ou en calquera momento posterior, onde che informaremos sobre como solicitar o acceso e como obter a túa clave de acceso.

Neste sentido, é importante que leas o aviso legal relativo ao tratamento de datos de carácter persoal segundo a LOPD seguinte:

Aviso legal

A aplicación Mobem

A través da aplicación Mobem para teléfonos intelixentes poderás acceder aos seguintes servizos:

Renovación da demanda.

Consulta da axenda (se poden ver as datas de renovación da demanda, citas de orientación laboral, etc.).

Configuración dos datos datos da conta de usuario persoal.

 Para obter a aplicación para o teu dispositivo móbil, accede a tenda correspondente neste enlace:

A aplicación Mobem

Ademais, neste enlace podes acceder á política de privacidade da aplicación Mobem:

Política de privacidade 

A oficina virtual

Imaxe da oficina virtual

  

E a través da oficina virtual accederás aos seguintes servizos:

Renovación da demanda, impresión de documentos e axenda

Renovación da demanda.

Visualización e impresión de documentos (curriculum vitae, tarxeta de demanda) .

Axenda (citas, eventos...).

Xestión de datos persoais.

Consulta e modificación de datos

Xestión do currículo personalizado.

Ofertas de emprego.

Adscrición a ofertas en difusión

Consultas de intermediación en ofertas  e confirmación de dispoñibilidade.

Formación.

Solicitar cursos de formación

Consultar os cursos realizados.

Solicitar especialidades formativas.

Orientación laboral

Solicitar cita de orientación laboral.

Escolas taller e Talleres de emprego

Solicitar escolas obradoiro.

Solicitar obradoiros de emprego.

Contrasinal

Recuperación da alta da demanda

Recuperación da alta da demanda

No caso de que causases baixa hai menos de trinta días e a dita baixa fora por colocación ou manifestación de colocación (neste enlace podes seguir os pasos para recuperala).