Constitución dunha cooperativa
PASOS PARA INSCRIBIR A CONSTITUCIÓN DUNHA COOPERATIVA NO REXISTRO DE COOPERATIVAS
Solicitar ante o Rexistro de Cooperativas competente a cualificación previa dos estatutos sociais.
Unha vez obtida a cualificación previa, as persoas socias promotoras da cooperativa (que serán as elixidas pola asemblea constituínte ademais de quen exerza a Secretaría da asemblea constituínte, as persoas elixidas para desempeñar os cargos do primeiro Consello Reitor e os interventores ou interventoras, de ser o caso) outorgarán a ESCRITURA PÚBLICA de constitución ante notario, que incorporará a seguinte documentación:
- Certificado da acta da asemblea constituínte.
- Certificado negativo de denominación da cooperativa (modelo de solicitude de denominación que se enviará por correo á Sección Central do Rexistro de Cooperativas do "Ministerio de Empleo y Economía Social").
- Estatutos sociais cualificados favorablemente. Se desexa, pode obter un modelo orientativo con anotacións e sen anotacións dende aquí.
- Certificado bancario de desembolso das achegas dos socios ao capital social da cooperativa que acredite que o capital social mínimo está totalmente desembolsado.
- O informe de experto independente cando se trate de achegas que non sexan en diñeiro.
Despois a representación legal da entidade cooperativa solicitará ante o Rexistro de Cooperativas competente a inscrición da constitución da cooperativa achegando a documentación que deberá presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento específico TR814B:
- Solicitude TR814B de inscrición no Rexistro de Cooperativas da constitución da cooperativa.
- Copia autorizada da escritura pública que incluirá a documentación indicada (DEBERÁN ACHEGAR POR MEDIOS FÍSICOS A COPIA AUTORIZADA AO REXISTRO COMPETENTE, de non achegala será requirida).
- Copia simple da escritura pública anterior (deberán achegala escaneada xunto co resto da documentación neste procedemento específico).
- Xustificante de presentación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (poderase escanear e achegar co resto da documentación neste procedemento específico).
- Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Edif. Administrativo San Lázaro
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Telf: 981 545 540
Fax: 981 957 748
Localizar en Google Maps