Legalización de libros obrigatorios
PASOS PARA SOLICITAR A LEGALIZACIÓN DE LIBROS SOCIAIS E CONTABLES DAS COOPERATIVAS
A): A representación legal da entidade cooperativa solicitará ante o Rexistro de Cooperativas competente a legalización de LIBROS SOCIAIS (libro rexistro de persoas socias, libro rexistro de achegas ao capital social, libro de actas da asemblea xeral, do órgano de administración, de informes de censura de contas, se procede, e, se é o caso, do comité de recursos, das xuntas preparatorias e das de sección) que obrigatoriamente levaran as cooperativas, e para elo achegarán:
- Solicitude de presentación de libros para legalizar.
- Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.
- Os libros en BRANCO (achegaranse antes da súa utilización) e estarán formados por follas móbiles ou encadernados, completamente en branco, agás a numeración correlativa de todos os seus folios.
B): A representación legal da entidade cooperativa solicitará ante o Rexistro de Cooperativas competente a legalización de LIBROS CONTABLES electrónicos (libro de inventarios e balances, libro diario, conforme o contido disposto para eles na normativa mercantil e calquera outro que esixan as disposicións legais) que obrigatoriamente levaran as cooperativas.
Con carácter previo á solicitude no Rexistro, é preciso empaquetar os libros contables no seguinte enlace: Empaquetado/validación
Despois de empaquetar os libros contables presentarán a solicitude de legalización de libros contables en SEDE electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento específico TR814F, e para elo achegaran
- Solicitude TR814F
- Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.
- Os libros contables empaquetados para a súa legalización.
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Edif. Administrativo San Lázaro
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Telf: 981 545 540
Fax: 981 957 748
Localizar en Google Maps