Legalización de libros contables

EMPAQUETADO DE LIBROS CONTABLES

PASOS PARA CREAR UN LIBRO EMPAQUETADO


1. Seleccionar a etiqueta EMPAQUETADO.
2. Seleccionar no despregable o tipo de libro (balance, diario...), e indicar as datas de inicio e fin do exercicio económico ao que que se refire o libro e o seu número de orde.
3. Seleccionar o arquivo co libro que acaba de indicar, premer no botón examinar e a continuación ANEXAR. Mediante esta acción o arquivo inclúese no empaquetado Esta operación xera unha pegada dixital única para cada libro. Este proceso realizarase para cada un dos libros contables que se precise empaquetar.
4. Unha vez empaquetados os libros contables poderán descargarse nun arquivo dixital.
5. Solicitar a legalización dos libros contables na Sede Electrónica da Xunta de Galicia e anexar o arquivo xerado na descarga do empaquetado así como o xustificante de pagamento de taxas por servizos administrativos.

Unha vez legalizados os libros contables polo Rexistro de cooperativas, na pestana Validación poderá comprobarse que o libro contable e a pegada dixital xerada son coincidentes e non foron modificados.

No botón Imprimir pode imprimir o contido do empaquetado e as pegadas dixitais dos arquivos.
Débese ter en conta que o arquivo xerado non poderá superar os 35MB.

Tipo de libro

Data inicio

Data fin

Nº orde


A continuación pode validar a pegada dixital xerada para un arquivo no empaquetado.


Para realizar a validación da pegada dixital dun libro debe seleccionar o arquivo, así como indicar a pegada dixital xerada.

O sistema informaralle se a pegada dixital é correcta e, no caso de non selo, cal sería o valor correcto.