Outras inscricións


PASOS PARA SOLICITAR UNHA INSCRICIÓN XENÉRICA OU A INSCRICIÓN DUNHA FUSIÓN DE COOPERATIVAS, OU DUNHA TRANSFORMACIÓN EN / DE COOPERATIVAS


Solicitar ante o Rexistro de Cooperativas competente a inscrición xenérica/ fusión/ transformación, achegando:

  1. Solicitude de inscrición.
  2. Copia autorizada da escritura pública que incluirá a documentación que lle corresponda, de ser o caso.
  3. Copia simple da escritura pública anterior.
  4. Xustificante de presentación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, de ser o caso.
  5. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.