Cualificación previa de estatutos sociais


PASOS PARA SOLICITAR A CUALIFICACIÓN PREVIA DE ESTATUTOS SOCIAIS:

 

Solicitarase, gratuíta e voluntariamente, ante o Rexistro de Cooperativas, a cualificación previa dos estatutos sociais, achegando a seguinte documentación que deberá presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento específico TR814A:

 

A) Pódese solicitar a cualificación previa de estatutos sociais para unha constitución achegando a seguinte documentación:

  1. Solicitude (TR814A) de cualificación previa de estatutos sociais para constitución dunha cooperativa.
  2. Acta da asemblea constituínte da cooperativa.
  3. Certificación negativa de denominación da cooperativa no "Registro de sociedades cooperativas" do "Ministerio de Trabajo y Economía Social" e que poderá solicitala na Sede electrónica do "Ministerio de Trabajo y Economía Social", no seguinte enlace: https://expinterweb.mites.gob.es/cooperativas
  4. Exemplar dos estatutos sociais. Se desexa, pode obter un modelo orientativo con anotacións e sen anotacións dende aquí.

B) Pódese solicitar a cualificación previa de estatutos sociais para unha modificación achegando a seguinte documentación:

  1. Solicitude (TR814A) de cualificación previa de estatutos sociais para constitución dunha cooperativa.
  2. Certificación da acta da asemblea xeral na que se acordou a modificación de estatutos sociais, e no caso de que o acordo só afecte á modificación do domicilio social no mesmo termo municipal, é suficiente co certificado da acta do consello reitor.
  3. Certificación negativa de denominación da cooperativa no "Registro de sociedades cooperativas" do "Ministerio de Trabajo y Economía Social" que será necesario no caso de que a cualificación previa afecte á modificación do artigo dos estatutos sociais relativo á denominación da cooperativa e que poderá solicitala na Sede electrónica do "Ministerio de Trabajo y Economía Social", no seguinte enlace: https://expinterweb.mites.gob.es/cooperativas
  4. Exemplar dos estatutos sociais. Se desexa, pode obter un modelo orientativo con anotacións e sen anotacións dende aquí.

Informar que a cualificación previa do proxecto de estatutos sociais ten carácter de consulta e pode solicitarse polas persoas promotoras facultadas pola asemblea antes de outorgar a escritura pública nos suposto de constitución dunha nova cooperativa. Tamén pode solicitarse polas sociedades cooperativas xa constituídas, ou quen as represente, para a modificación dos estatutos sociais, a fusión ou escisión de cooperativas, así como no caso de transformación doutras sociedades en cooperativas.


 

 

Descargue modelos Normativa