Disolución, liquidación e extinción


PASOS PARA SOLICITAR A INSCRICIÓN DA DISOLUCIÓN DA COOPERATIVA

 

O acordo de disolución da cooperativa é adoptado pola Asemblea Xeral. Quen exerza a Secretaría, coa conformidade da Presidencia, emitirá unha certificación na que constarán acreditados os requisitos previstos na Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e nos propios estatutos da cooperativa, indicando expresamente a causa ou causas que motivaron a disolución, e xunto coa publicación do acordo de disolución nun dos diarios de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa e no Diario Oficial de Galicia, elevarán a público outorgando a correspondente escritura pública ante notario.

 

Despois a representación legal da entidade cooperativa solicitará ante o Rexistro de cooperativas competente a inscrición da DISOLUCIÓN da cooperativa, achegando a documentación que deberá presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento específico TR814D:

  1. Solicitude (TR814D) de inscrición do acordo de disolución no Rexistro de Cooperativas
  2. Copia autorizada da escritura pública que incluirá a documentación indicada (DEBERÁN ACHEGAR POR MEDIOS FÍSICOS A COPIA AUTORIZADA AO REXISTRO COMPETENTE, de non achegala será requirida).
  3. Copia simple da escritura pública anterior (deberán achegala escaneada xunto co resto da documentación neste procedemento específico).
  4. Acreditación da publicación do anuncio do acordo de disolución no DOG e nun dos diarios de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa.
  5. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.

 

 

Descargue modelos Normativa


 


 

PASOS PARA SOLICITAR A INSCRICIÓN DA DISOLUCIÓN E O NOMEAMENTO DE LIQUIDADORES OU LIQUIDADORAS DA COOPERATIVA

 

O acordo de disolución da cooperativa e o nomeamento dos liquidadores ou liquidadoras é adoptado pola Asemblea Xeral. Os liquidadores ou liquidadoras facultadas emitirán unha certificación na que conste que acreditan os requisitos previstos na Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e nos propios estatutos da cooperativa, indicando expresamente a causa ou causas que motivaron a disolución, e xunto coa publicación do acordo de disolución nun dos diarios de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa e no Diario Oficial de Galicia, elevarán a público outorgando a correspondente escritura pública ante notario.

 

Despois a representación legal da entidade cooperativa solicitará ante o Rexistro de Cooperativas competente a inscrición da disolución e o nomeamento de liquidadores ou liquidadoras da cooperativa achegando:

 

  1. Solicitude (TR814D) de inscrición da disolución e o nomeamento de liquidadores ou liquidadoras no Rexistro de Cooperativas
  2. Copia autorizada da escritura pública que incluirá a documentación indicada (DEBERÁN ACHEGAR POR MEDIOS FÍSICOS A COPIA AUTORIZADA AO REXISTRO COMPETENTE, de non achegala será requirida).
  3. Copia simple da escritura pública anterior (deberán achegala escaneada xunto co resto da documentación neste procedemento específico).
  4. Acreditación da publicación do anuncio do acordo de disolución no DOG e nun dos diarios de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa.
  5. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.

 

 

 

Descargue modelos Normativa


 


 

PASOS PARA SOLICITAR A INSCRICIÓN DO NOMEAMENTO DE LIQUIDADORES OU LIQUIDADORAS DA COOPERATIVA

 

A representación legal da entidade cooperativa solicitará ante o Rexistro de Cooperativas a  inscrición dos nomeamentos, ceses ou renovacións dos LIQUIDADORES OU LIQUIDADORAS da cooperativa, achegando a documentación que deberá presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento específico TR814D:

  1. Solicitude (TR814D)  de inscrición do nomeamento de liquidadores ou liquidadoras no Rexistro de Cooperativas.
  2. Certificación (liquidadores ou liquidadoras) da acta da Asemblea Xeral na que se adoptou o acordo de cese ou nomeamento, que será emitida polos liquidadores ou liquidadoras e coas sinaturas electrónicas de todos eles
  3. Copia autorizada da escritura pública que conteña a certificación anterior, de ser o caso (é voluntario elevar a publico o acordo, mediante o outorgamento da escritura pública ante notario; para iso deberán escaneala xunto co resto da documentación neste procedemento específico e deberán achegar por medios físicos ao Rexistro de cooperativas competente a copia autorizada e a copia simple, de non achegalas serán requiridas).
  4. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.

 

 

 

 

Descargue modelos Normativa


 


 

PASOS PARA SOLICITAR A EXTINCIÓN E CANCELACIÓN DE ASENTOS REXISTRAIS DA COOPERATIVA

 

Para solicitar a extinción da cooperativa os liquidadores ou liquidadoras inscritas ou se é o caso o órgano de administración, deberá realizar o proceso de liquidación que a  Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia establece nos seus artigos 89, 90, 91, 92, 93 e 94. Unha vez rematados os labores de liquidación deberán someter a aprobación da Asemblea Xeral o balance  final e o proxecto de distribución de activo e publicar os acordos nun dos diarios de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa e no Diario Oficial de Galicia. Dende a última data de publicación deberán transcorrer dous meses, sen impugnacións, para que se consideren aprobados definitivamente.

Rematado o proceso de liquidación e materializada esta, o órgano de liquidación ou, de ser o caso, o órgano de administración, deberá outorgar escritura pública de extinción da cooperativa coas manifestacións e achegando a documentación prevista no artigo 66 do Real Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia.

 

Despois a representación legal da entidade cooperativa solicitará ante o Rexistro de Cooperativas competente a inscrición da EXTINCIÓN e a CANCELACIÓN DE ASENTOS REXISTRAIS da cooperativa, achegando a documentación que deberá presentarse na Sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento  específico TR814D:

  1. Solicitude (TR814D) de inscrición da extinción e cancelación de asentos no Rexistro de Cooperativas
  2. Copia autorizada da escritura pública que incluirá a documentación indicada (DEBERAN ACHEGAR POR MEDIOS FÍSICOS A COPIA AUTORIZADA AO REXISTRO COMPETENTE, de non achegala será requirida) .
  3. Copia simple da escritura pública anterior (deberan achegala escaneada xunto co resto da documentación neste procedemento específico).
  4. Acreditacións das publicacións no diario de maior circulación e no Diario Oficial de Galicia relativas ao balance final do activo.
  5. Os libros e documentos da cooperativa, debidamente identificados, xunto coa relación de todos eles, coas sinaturas electrónicas dos liquidadores ou liquidadoras ou do órgano de administración.
  6. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.

 

 

 

Descargue modelos Normativa