Modificación de estatutos sociais


PASOS PARA INSCRIBIR A MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS SOCIAIS

 

Solicitar ante o Rexistro de Cooperativas competente a cualificación previa dos estatutos sociais.

Unha vez obtida a cualificación previa da modificación de estatutos sociais, a representación legal da cooperativa outorgará a ESCRITURA PÚBLICA de modificación de estatutos sociais ante notario, que incorporará a seguinte documentación:

 

  1. Certificación da acta da Asemblea Xeral na que se acordou a modificación de estatutos sociais da cooperativa.
  2. Certificado negativo de denominación da cooperativa ( modelo de solicitude de denominación que se enviará por correo á Sección Central do Rexistro de Cooperativas do "Ministerio de Empleo y Seguridad Social") no caso de que á modificación afecte o artigo dos estatutos sociais relativo á denominación da cooperativa.
  3. Estatutos sociais se a modificación afecta á totalidade dos estatutos sociais; se é parcial será a certificación da acta da asemblea xeral a que incorpore o texto completo dos artigos afectados pola modificación. Se o desexa, pode obter un modelo orientativo de estatutos sociais con anotacións e sen anotacións dende aquí.
  4. Certificado bancario de desembolso das achegas dos socios ao capital social da cooperativa que acredite que o capital social mínimo está totalmente desembolsado, no caso que a modificación afecte a un incremento do capital social mínimo establecido nos estatutos.

 

Despois a representación legal da entidade cooperativa solicitará ante o Rexistro de Cooperativas competente a inscrición da modificación de estatutos sociais da cooperativa, achegando a documentación que deberá presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento específico TR814C: :

 

  1. Solicitude (TR814C) de inscrición da modificación de estatutos sociais.
  2. Copia autorizada da escritura pública que incluirá a documentación indicada (DEBERÁN ACHEGAR POR MEDIOS FÍSICOS A COPIA AUTORIZADA AO REXISTRO COMPETENTE, de non achegala será requirida) .             
  3. Copia simple da escritura pública anterior (deberán achegala escaneada xunto co resto da documentación neste procedemento específico).
  4. Acreditación da publicación do anuncio do acordo de modificación de estatutos cando afecte o cambio de denominación da cooperativa, cambio de domicilio social, modificación do obxecto social ou do capital social mínimo, nun dos diarios  de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa.
  5. Xustificante de presentación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, de ser o caso.
  6. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.

 

 

Descargue modelos Normativa


 


 

PASOS PARA INSCRIBIR O CAMBIO DO DOMICILIO SOCIAL NO MESMO TERMO MUNICIPAL

 

O domicilio social da cooperativa poderá ser acordado polo Consello Reitor cando sexa dentro do mesmo termo municipal e a representación legal da entidade cooperativa solicitará ante o Rexistro de cooperativas competente a inscrición da modificación de estatutos sociais da cooperativa que afecta ao domicilio social no mesmo termo municipal, achegando a documentación que deberá presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento específico TR814C:

 

  1. Solicitude (TR814C) de inscrición do cambio de domicilio social no mesmo termo municipal.
  2. Certificación da acta do Consello Reitor na que se adoptou o acordo de cambio do domicilio social da cooperativa no mesmo termo municipal, que será emitida por quen exerza a Secretaría da Cooperativa e coa conformidade da Presidencia da Cooperativa coas sinaturas electrónicas.
  3. Acreditación da publicación do anuncio do acordo de cambio de domicilio social nun dos diarios de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa.
  4. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.

 

 

Descargue modelos Normativa