Outorgamento de poderes


PASOS PARA SOLICITAR A INSCRICIÓN DO OUTORGAMENTO DE PODERES DE CARACTER REPRESENTATIVO OU DE XESTIÓN/DIRECCIÓN, REFERIDAS AO XIRO E TRÁFICO ORDINARIO DA COOPERATIVA

 

O órgano de administración poderá conferir e revogar apoderamentos xerais ou singulares a calquera persoa física. Quen exerza a Secretaría, coa conformidade da Presidencia emitirá un certificado do acordo adoptado no que constarán as facultades conferidas (modelo A, modelo B e modelo C), a identificación das persoas apoderadas e as circunstancias do exercicio de representación e elevarán a público, outorgando a correspondente escritura pública ante notario necesaria para solicitar a inscrición no Rexistro de Cooperativas.

Despois a representación legal da entidade cooperativa solicitará ante o Rexistro de Cooperativas competente a inscrición do outorgamento de poderes, achegando a documentación que deberá presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento específico TR814C:

  1. Solicitude (TR814C) de inscrición do outorgamento de poderes no Rexistro de Cooperativas
  2. Copia autorizada da escritura pública que incluirá a documentación indicada. (DEBERÁN ACHEGAR POR MEDIOS FÍSICOS A COPIA AUTORIZADA AO REXISTRO COMPETENTE, de non achegala será requirida)
  3. Copia simple da escritura pública anterior (deberán achegala escaneada xunto co resto da documentación neste procedemento específico).
  4. Xustificante de presentación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, de ser o caso.
  5. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.

 

 

 

Descargue modelos Normativa


 


 

PASOS PARA SOLICITAR A INSCRICIÓN DO NOMEAMENTO DE CONSELLEIRO OU CONSELLEIRA DELEGADA DA COOPERATIVA

 

O órgano de administración poderá nomear conselleiros ou conselleiras delegadas (persoas físicas de entre os seus membros, por maioría de dous terzos) sempre que os estatutos da cooperativa o recollan.

Quen exerza a Secretaría, coa conformidade da Presidencia emitirá un certificado do acordo adoptado no que constarán as circunstancias da súa adopción, o artigo dos estatutos que o contempla, a identidade das persoas nomeadas, a enumeración das facultades xerais referidas exclusivamente ao xiro e tráfico empresarial ordinario de cooperativa (modelo A, modelo B e modelo C), as circunstancias do seu exercicio e a aceptación do nomeamento e elevarán a público, outorgando a correspondente escritura pública ante notario, necesaria para solicitar a inscrición no Rexistro de Cooperativas.

 

Despois a representación legal da entidade cooperativa solicitará ante o Rexistro de cooperativas competente a inscrición do nomeamento de conselleiros ou conselleiras delegadas, achegando a documentación que deberá presentarse na Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento específico TR814C:

  1. Solicitude (TR814C) de inscrición de nomeamento de conselleiros ou conselleiras delegadas.
  2. Copia autorizada da escritura pública que incluirá a documentación indicada (DEBERÁN ACHEGAR POR MEDIOS FÍSICOS A COPIA AUTORIZADA AO REXISTRO COMPETENTE, de non achegala será requirida).
  3. Copia simple da escritura pública anterior (deberán achegala escaneada xunto co resto da documentación neste procedemento específico).
  4. Xustificante de presentación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, de ser o caso.
  5. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.

 

 

 

Descargue modelos Normativa