Nota informativa


NOVO ¿ NOTA INFORMATIVA RELATIVA AO DEPÓSITO DE CONTAS ANUAIS. NOVIDADES LEI 18/2021.
 
(texto completo en PDF)

A Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, publicada no DOG Núm. 251 Venres, 31 de decembro de 2021, modificou no seu artigo 31 a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia nos seguintes termos:

Artigo 31. Modificación da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia

A Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, queda modificada como segue:

Un. Modifícase o apartado 3 do artigo 73, que queda redactado como segue:

 «3. O consello reitor presentará, asinados electronicamente, para o seu depósito no rexistro de cooperativas competente, dentro do prazo de dous meses, contados desde a súa aprobación pola asemblea xeral, as contas anuais e o informe de xestión, asinados por quen exerza a presidencia e a secretaría, ou administrador único, e, se procede, o informe do órgano de intervención ou, se for o caso, o informe de auditoría externa, as certificacións acreditativas do acordo de aprobación das contas anuais e da distribución ou imputación dos resultados, así como do número de cooperativistas».

Dous. Modifícase o apartado 4 do artigo 73, que queda redactado como segue:

«4. Con carácter complementario ao depósito dos documentos indicados no número anterior, poderá depositarse no rexistro de cooperativas a memoria social, asinada electronicamente, consonte os modelos aprobados polo Consello Galego de Cooperativas»